No marco do encontro internacional Rural University Hub, celebrado en San Xoán de Río, as alcaldías de Oimbra, O Riós, Porqueira e San Xoán de Río, xunto á Fundación Finnova, asinaron o Manifesto Internacional pola Economía Circular Glocal. Esta iniciativa, que ten orixe en Ibagué (Colombia), busca promover a economía circular como unha ferramenta clave para xerar oportunidades económicas, protexer o medio ambiente e fortalecer a cohesión social nos territorios rurais.
O acordo pretende situar aos pequenos municipios rurais no centro da innovación, utilizando modelos de desenvolvemento baseados na valorización dos recursos locais, a bioeconomía, as enerxías renovables, a xestión sostible da auga e a creación de emprego verde. Co este compromiso, as entidades buscan atraer talento ao medio rural e afrontar os retos demográficos e sociais do século XXI.
Esta adhesión permite ao rural galego conectar con redes internacionais de innovación e empreendedorismo, pasando de ser espectadores a protagonistas activos dunha nova economía sostible e colaborativa entre rexións e países.
Protagonistas da adhesión:
- Ana María Villarino Pardo, alcaldesa de Oimbra.
- José Miguel Pérez Blecua, alcalde de San Xoán de Río.
- Eva María Barrio López, alcaldesa de O Riós.
- Susana Vázquez Dorado, alcaldesa de Porqueira.
- Juan Manuel Revuelta, director xeral da Fundación Finnova.