
Noemí Vázquez, premio Pedra Alta 2026 pola súa labor cultural na Limia
- Fonte
- A Limia News
- Concello
- Vilar de Santos
- Publicada
- 9 nov.
O Museo da Limia premiará o próximo 28 de novembro a Noemí Vázquez Nogueiras, xerente de “A Arca de Noe”, pola súa traxectoria de máis dunha década dinamizando a cultura en Vilar de Santos.
O galardón, que recoñece a súa achega á música e ao activismo comunitario na contorna, consiste nunha réplica en granito do menhir Pedra Alta, realizada polo escultor Xosé Lois Carreira.
O acto oficial de entrega terá lugar en Vilar de Santos:
- Data: 28 de novembro.
- Hora: 12:00 h.
- Lugar: Salón multiusos do Concello.
Tras a cerimonia, celebrarase un xantar de confraternidade no restaurante Novaiño, en Sandiás. A asistencia ao xantar require inscrición previa e cada comensal deberá abonar o custo da súa comida.
Saber máis · Descubre A Limia
Vilar de Santos
784 habitantes · 2 parroquias
Coñecer o concello →

