
Mirian Opazo nº 5 da lista do BNG ás Eleccións Europeas
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 8 maio 2024
Ana Pontón presentou ó seu equipo para que Ana Miranda revalide a súa acta de eurodeputada, que lle ten servido para poñer voz á comarca da Limia en Europa en casos tan importantes coma na loita contra a mina de feldespato do Corno do Monte ou, máis recentemente, na crítica ás políticas agrarias que afogan ó medio rural. O Bloque Nacionalista Galego apostou por incluír nun posto relevante a Mirian Opazo, a creadora audiovisual limiá e actual Responsable Local do BNG en Xinzo.
Opazo, natural de Ganade e Escornabois, é graduada en Belas Artes na Universidade de Salamanca, onde obtivo a especialización en Audiovisuais e posteriormente, a mestría en Creación e Prácticas Artísticas. Os éxitos da promesa limiá son notables e xa ten conseguido o recoñecemento do panorama audiovisual galego con diferentes premios e proxeccións en certames coma o Festival de Cans. Activa en Galiza Nova e na Asemblea Comarcal do BNG, é ademais responsable da imaxe gráfica do Bloque en Xinzo.
O equipo liderado por Camilo Vila xa situara a Alba Feixóo na lista do Bng ó Congreso, a Xaira Pena na lista ó Parlamento e remata esta xeira co quinto posto de Mirian Opazo na lista que encabeza Ana Miranda.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →

