Luns, 16 de novembro Xinzo 13° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Dende A Limia

Medio Rural e o Concello de Vilar de Barrio colaboran para impulsar a Feira da Pataca

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Vilar de Barrio
Publicada
3 abr. 2025
Ver a noticia orixinal

A Consellería do Medio Rural e o Concello de Vilar de Barrio estudan colaboracións para potenciar a feira da pataca, destacando a importancia desta localidade como zona de produción dentro da comarca da Limia.

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, reuniuse esta mañá en San Caetano co alcalde de Vilar de Barrio, Manuel Conde.

Na xuntanza avaliáronse posibles vías de colaboración para apoiar e impulsar a feira da pataca desta localidade limiá, que este ano acadará a súa 46ª edición. Ademais, púxose en valor a condición que ten este municipio ourensán de importante zona de produción pataqueira, dentro dunha comarca, como é a da Limia, de gran vocación agrogandeira dentro de Galicia.

Saber máis · Descubre A Limia Vilar de Barrio 1.178 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser