Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Lodoselo convértese nun centro de formación e intercambio para diversas institucións educativas

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Sarreaus
Publicada
13 abr.
Ver a noticia orixinal

Lodoselo consolidouse como un espazo clave para a formación práctica e o intercambio de coñecementos, acollerndo a diversos grupos estudantis e professionals para ampliar a súa experiencia en ámbitos sociosanitarios, gastronómicos e educativos.

Entre as actividades destacadas figuran:

  • IES Lagoa de Antela: O alumnado de FP Básica de Cociña e Restauración formouse na elaboración de pan tradicional e no servizo de “Xantar no Fogar”, identificando a cociña no ámbito sociosanitario como unha alternativa viable á hostalaría. Parte deste grupo realizará prácticas en establecementos da zona, como o restaurante 2 de Maio (Xinzo) e o César (Viladerrei).
  • IES Lauro Olmo (Barco de Valdeorras): Alumnas de Atención Sociosanitaria de Persoas en Situación de Dependencia analizaron o funcionamento da Vivenda Comunitaria e do Centro de Día, enfocándose nun modelo de coidados centrados na persoa e na súa integración comunitaria.
  • Intercambio Internacional: A man da dirección e biblioteca do CEIP Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), unha delegación da Rede de Bibliotecas Escolares de Ponte de Lima (Portugal) visitou as instalacións de Lodoselo, incluindo o espazo sensorial, a vivenda comunitaria tutelada e a casa reitoral.

Para as próximas semanas, prevese a visita de estudantes do grao de Educación Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do ciclo de Educación Infantil do CIFP Portovello.

Estas accións son posibles grazas a unha subvención da Consellería de Política Social e Igualdade, cofinanciada pola Unión Europea a través do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, destinada á promoción de servizos sociais comunitarios e inclusión social.

Saber máis · Descubre A Limia Sarreaus 1.068 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser