Martes, 10 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Lodoselo prepárase para o Concilia rural para este verán

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Sarreaus
Publicada
28 maio 2024
Ver a noticia orixinal

O Concilia rural de Lodoselo abre as súas portas unha vez máis para ofrecer ás nenas e ós nenos a oportunidade de explorar, aprender e compartir nun entorno enriquecedor.
Baixo o lema “aprender a ensinar para vivir e compartir”, o Concilia de verán de Lodoselo promove valores coma o respecto, a colaboración e o amor polos animais, as plantas e as persoas. Fomentamos un ambiente de apoio e cariño para que as pequenas/os se sintan parte dunha gran familia, onde a empatía e o respecto polos tempos e ritmos propios de cada nena e neno son a nosa máxima lei.Durante os meses de xullo e agosto, terán a oportunidade de participar en actividades ó aire libre, talleres e momentos de convivencia que fomentarán o desenvolvemento persoal e a conexión co entorno.
A preinscripción farase a través do seguinte enlace: https://forms.gle/YCdxn2Umdwtc32qr8 , dende o día 27 de maio ata o 1 de xuño, ambos incluídos.Unha vez remate o prazo da preinscripción, avisarémosvos para que pasedes pola oficina do CDR O Viso (sita na Calle Ladeira, N21, Baixo) para formalizar a matrícula do Concilia de verán, dende o 4 ata o 10 de xuño, ambos días incluídos.Sempre fieis ó noso lema “COIDARME, COIDARTE, COIDARNOS”, esperámosvos un ano máis para pasar un verán inesquecible!!Este proxecto está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e o imposto de sociedades.

Saber máis · Descubre A Limia Sarreaus 1.068 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser