Venres, 27 de novembro Xinzo 13° Garda: ANTONIO GOMEZ PENIN
Dende A Limia

I Xornadas de Lonxevidade en Xinzo, candidata a zona azul.

3 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
28 xuño 2024
Ver a noticia orixinal

Hoxe a tarde deron comezo as I Xornadas Intercomunitarias de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis, onde se reuniron expertos nacionais e internacionais para debater sobre os factores determinantes da lonxevidade e ofrecer pautas para un envellecemento activo e saudable.

Un dos temas principais foi a obtención da denominada “Zona azul”, que son as áreas do mundo recoñecidas pola alta lonxevidade dos seus habitantes, e a promoción da nutrición e os habitos saudables. Tamén se falou da importancia de protexer os dereitos das persoas maoires e de previr a súa vulnerabilidade, asegurando así que teñan acceso a coidados e recursos para unha vida digna e plena. 
Entre as autoridades asistentes estiveron: Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense,  Ana Patricia Torres, voceira e deputada provincial do PP por Ourense, Amador Díaz, alcalde de Xinzo e Carlos Gomez, concelleiro de Cultura.

Carlos Gomez quixo agradecer tamén o compromiso dos colectivos involucrados, con especial mención a Pablo García Vivanco e a Lola rico polo seu apoio continuado a “iniciativas que promoven a saúde e o benestar da comunidade”.
Na mesa redonda de hoxe estiveron: moderador, Ricardo de la Fuente Cid, farmacéutico e dietista-nutricionista, coa intervición de : Pablo García Vivanco, farmacéutico comunitario e dietista-nutricionista, presidente de Ourensividad, José María Failde, Doctor en Psicoloxía, profesor titular da UVIGO, director do programa internacional de doutorado en ciencias sociais e do envellecemiento e presidente da Sociedade Galega de Xereontoloxía e Xeriatría, Manuel AS Santos, director científico do Instituto Multidisciplinar do Envellecemento de Portugal, catedrático da Facultad de Mediciña de Coímbra e director do Instituto de Biomedicina de Portugal, Dolores Fernández Marcos, médico especialista en Hidroloxía Médica do Grupo Caldaria.

Programa Sábado 29: 
10:00h.: mesa redonda “Asociacionismo na promoción de hábitos saudables”, moderada por Paz Gómez del Valle, presidenta da asociación diabética AURIA, e na que intervirán representantes do CDR O Viso, FEMURO, a Escuela Rural de Saude da Limia e de Cruz Vermella.
11:00h: proxección do documental “Xinzo de Limia e as súas xentes e a súa comarca”.
12:00h.: ponencia “Zoas azuis: lugares onde envellecer mellor”, presentada por Cristina Conde Rodríguez, farmacéutica, dietista-nutricionista e vicepresidenta de Ourensividad. Esperanza Navarro Pardo: especialista en Psicoloxía Clínica, catedrática de Psicoloxía Evolutiva da Universidade de Valencia e Cátedra en Ciencias da Saude.
13:00h.: clausura, presentada por José Luis Prieto Salgado, farmacéutico, analista e óptico-optometrista, Manuel Mandianes Castro: Doutor en Antropoloxía, Teoloxía e Socioloxía, investigador do CSIC e escritor.
XA como remate serán as autoridades as encargadas de pechar as xornadas nun acto no que as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape con productos autóctonos da dieta atlántica. E a iso das 17:00 o encontro finalizara cunha visita guiada por Xinzo de Limia e a súa contorna.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser