Xinzo de Limia acolle este domingo as XLI Xornadas de Folclore cun desfile e un festival de baile que contará con grupos de seis países diferentes.
Esta cita forma parte dun percorrido cultural organizado pola Deputación de Ourense que percorre a provincia ata o 20 de agosto. O evento permite ver en directo grupos de Armenia, Ecuador, México, Senegal, Serbia e Taiwán.
Aquí tes os horarios da xornada en Xinzo:
- 20:00 horas: Desfile dende O Toural ata a Praza Carlos Casares.
- 20:30 horas: Inicio do festival de danza na Praza Carlos Casares.