O Motoclub Ruta Próximamente celebra esta fin de semana en Xinzo a súa terceira concentración de motos, que inclúe rutas e actividades festivas para todos os participantes.
O prato forte do evento é o espectáculo de acrobacias «Cuadrado Stunt», que se realiza na zona do pavillón con dúas sesións:
- Primeiro pase: Sábado ás 20:00 horas.
- Segundo pase: Sábado ás 00:00 horas.
Ademais, ás 23:00 horas de hoxe sábado terá lugar unha ruta nocturna en memoria dos motociclistas falecidos, xusto antes da última exhibición de motos e quads.