Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

Convenio para a Mellora do Patrimonio Hidráulico do Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras

3 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
11 abr. 2025
Ver a noticia orixinal

O convenio entre a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Xinzo de Limia impulsará a segunda fase de obras no Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras. Esta fase centrarase na consolidación e mellora do patrimonio hidráulico do mosteiro, ampliando a actuación a infraestruturas en fincas particulares e mellorando a accesibilidade e a experiencia de visita.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Xinzo de Limia, Amador Díaz, rubricaron hoxe o convenio de colaboración que posibilitará a 2ª fase das obras de consolidación e mellora do patrimonio hidráulico que forma parte do Mosteiro de Bon Xesús de Trandeiras.

“É importante recordar que do conxunto de construcións que forman este mosteiro destaca o sistema de abastecemento de auga, formado por varias fontes e captacións, conducións e depósitos que na súa gran maioría foron restaurados nunha primeira fase xa executada pola CHMS”, explicou Quiroga; e co ánimo de divulgar un conxunto hidráulico patrimonial único consideramos imprescindible executar unha nova fase na que se ampliará o ámbito de actuación á totalidade das infraestruturas hidráulicas do mosteiro, incorporando as que ata agora estaban en fincas particulares” añadiu.

Antecedentes

O Mosteiro Franciscano de Bon Xesús de Trandeiras sitúase na parroquia de San Pedro de A Pena, a uns 5 km ao nordeste da capital municipal de Xinzo de Limia. Dito conxunto, orixinario nas súas partes máis antigas do año 1523, está incluído no Plan Básico Autonómico e no plan urbanístico municipal.

A execución da primeira fase revelou a existencia dun notable desnivel entre o claustro monacal e a súa periferia sudoriental, desnivel que pode ser evitado coas estruturas de paso necesarias para facer viable unha visita do conxunto con seguridade. Ditas estruturas poden prolongarse por outras zonas elevadas do conxunto, para xerar atractivos adicionais para as visitas ao mesmo.

O Novo Proxecto

As actuacións que se executarán nesta segunda fase consisten na construción dun edificio de recepción dos visitantes, nun volume exento situado no extremo sur do conxunto.

Xeneraráse, un conxunto de pasarelas metálicas que permitan completar o recorrido do edificio, accedendo as zonas superiores do mesmo e conectando o claustro coa curtiduría ; e ampliarase o ámbito de actuación á totalidade das infraestruturas hidráulicas do mosterio, incorporando as fontes, minas de agua e canalizacións que ata agora estaban en fincas particulares.

A intervención completarase con consolidacións adicionais ás levadas a cabo na primeira fase, como a iluminación e señalética do conxunto para facer posible a súa visita nocturna.

“Por último, la situación de dos de las fuentes que suministran agua a la red hidráulica del monasterio en fincas que no son de titularidad municipal, ha impedido actuar sobre las mismas, y sobre los canales que las conectan al edificio, como se ha hecho en el resto de la red, pretendiéndose ahora ampliar este ámbito de actuación a las mismas, previa adquisición de los terrenos necesarios por el ayuntamiento” explicou o presidente.

“Desde la CHMS queremos destacar nuestro firme compromiso con A Limia y siempre tenderemos una mano de colaboración a proyectos necesarios, realizables y que valoricen el patrimonio hidráulico con el que cuenta esta demarcación” concluíu Quiroga.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser