
Accidente cun parapente no camionato de Portugal
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Baltar
- Publicada
- 22 xul. 2024
O piloto foi trasladado a bordo da aeronave medicalizada con base en Ourense ata o Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
Daban as 18:30 horas cando un particular contactou co 112 Galicia para informar do accidente producido en Niñodaguia, no concello de Baltar (Ourense). Segundo informaba, o parapentista batera contra unha montaña cando estaba participando nunha competición. A maiores, atopábase nunha zona de difícil acceso, polo que para o seu rescate era preciso a participación dos equipos de emerxencia.
Axiña, desde a sala de operacións do 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Xinzo, que foron os encargados de rescatar ao ferido e de trasladalo ata o helicóptero medicalizado de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para o seu posterior traslado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.
A maiores, cabe destacar que desde o 112 Galicia tamén se solicitou a intervención dos axentes da Garda Civil e da Policía Autonómica e dos membros de Protección Civil.
Saber máis · Descubre A Limia
Baltar
849 habitantes · 7 parroquias
Coñecer o concello →


