A Federación de Piragüismo actúa con irresponsabilidade ao minimizar os riscos da contaminación na Limia

Dende A Limia

Conflicto polo estado do encoro das Conchas: AUGA LIMPA XA! critica á Federación Galega de Piragüismo

A plataforma veciñal AUGA LIMPA XA! denunciou a actitude da Federación Galega de Piragüismo (FGP) ao cuestionar a decisión de organismos técnicos competentes de suspender as actividades deportivas no encoro das Conchas (comarcas da Limia), debido ao risco para a saúde ambiental e a protección das augas.

O conflito xira en torno á presenza de cianobacterias e toxinas na auga. A plataforma critica que a FGP, e concretamente o seu presidente, José Alfredo Bea García, pretenda minimizar estes riscos alegando unha suposta falta de análises completas, ignorando así sentenzas do Tribunal Supremo e do TSXG que alertaban sobre a grave contaminación do encoro.

AUGA LIMPA XA! acusa á Federación de actuar como «altofalante» do discurso negacionista da Xunta de Galicia e do Concello de Muíños, priorizando os intereses organizativos e políticos sobre a saúde dos deportistas e o benestar dos veciños da zona.

Como conclusión, a plataforma esixe á Confederación Hidrográfica Miño-Sil, á Consellería de Sanidade e á Xunta de Galicia que:

  • Mantenxan controis estritos sobre a calidade da auga.
  • Non autoricen ningunha competición deportiva no encoro das Conchas ata que existan garantías sanitarias plenas e se reduzan drasticamente os niveis de contaminación.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA