A Biblioteca Municipal fai voar a imaxinación dos máis pequenos do PAI de Sandiás

Dende A Limia

Contacontos para a primeira infancia na Biblioteca Municipal

A Biblioteca Municipal organizou unha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas do PAI de entre 0 e 3 anos, co obxectivo de fomentar a lectura e a cultura desde as primeiras idades.

A actividade centrouse no relato «¿A qué sabe la luna?», unha historia que promove valores como a amizade, a solidariedade e o traballo en equipo a través dun grupo de animais que colaboran para alcanzar a Lúa. A experiencia foi complementada coa música de Arigato Música Infantil e culminou cunha degustación de galletas para os asistentes.

No evento participaron o alumnado do PAI xunto coas súas familias e a comunidade educativa, contando tamén coa presenza de María José, en representación do Concello.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA