Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

40 escolares do CEIP Carlos Casares de Xinzo visitaron o Centro de Interpretación da Lagoa e o humidal artficial “Areeiras Sandiás”

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Sandiás
Publicada
25 mar.
Ver a noticia orixinal

Un grupo de preto de 40 nenos e nenas de primaria, acompañados por tres educadores, participou nunha intensa visita guiada de case tres horas ás Areeiras da Limia, no territorio de Sandiás.

A xornada, celebrada o mércores 24 de marzo, comezou cun almorzo na área recreativa de Sandiás, xunto á Casa de Cultura. Posteriormente, os asistentes desprazáronse ao Centro de Interpretación Alex de los Ríos.

A visita guiada, dirixida por Alex de los Ríos, especialista en historia con experiencia didáctica, e Pepe Gándara, coordinador da “Casa da Lagoa”, permitiu aos mozos descubrir a Casa da Lagoa e coñecer a historia, lendas, flora, fauna e recursos económicos da primixenia Antela. Esta parte da actividade incluíu a observación de pezas históricas e etnográficas, fotografías antigas, vídeos e paneis interactivos.

A segunda parte da visita tivo lugar no humidal artificial das Areeiras de Sandiás. Alí, os nenos e nenas puideron apreciar a diferenza entre unha lagoa natural e unha artificial, observar empresas e máquinas industriais da explotación da area, e coñecer dúas areeiras abandonadas e renaturalizadas. Tamén se analizaron as características das charcas e o seu proceso de renaturalización.

Ademais, observaron o canal principal de desecación da Lagoa de Antela e identificaron o xunco bión nas beiras das charcas.

A visita culminou no observatorio 2 (casa dos terróns), onde, cunha guía de aves, os participantes puideron identificar especies como o Cormorán, Lvanco Real e Mergullón cristado, e recibiron recomendacións para a observación de aves.

A actividade rematou cunha invitación a regresar no verán, xunto ás familias, para seguir explorando a zona con máis tranquilidade.

Saber máis · Descubre A Limia Sandiás 1.086 habitantes · 3 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser