← Volver Blogs

FEIRA DAS MOZAS O 14 DE MAIO EN XINZO.

FEIRA DAS MOZAS O 14 DE MAIO EN XINZO.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Cando chegaba a primavera na Limia, a feira do día 14 de maio en Xinzo, non só era comercial, era o esperado día da “Feira das Mozas”, que segundo a tradición oral “O mozo que non atopa moza o 14 de maio, non a atopa en todo o ano”. A tardiña, cando se acaba as transaccións comerciais, comezaba pola estra xeral o paseo das mozas e mozos da Limia.
Previamente as mozas e mozos, vestidos coas súas mellores vestimentas de festa, iniciaban os paseos pola estrada xeral, cruzábanse mozos e mozas con miradas furtivas ata que se perdía a timidez e se facían presentacións. O paseo prolongábase ata o inicio do baile na pista do café Ideal, o único existente no pobo. Non había daquelas nin gaiteiros nin música nas rúas. Cantas parellas naceron destas xornadas das feiras do 14 de maio!
Na Limia pola semana eran días de duro traballo para homes e mulleres, pero os xoves a noitiña, era día de visitar ás mozas nas aldeas. Chegabas a aldea, buscabas a casa da moza e no patio batías as palmas e, se a moza accedía, subías a casa. Mentres o compromiso non era formal, calquera outro mozo podía chegar bater as palmas e tiñas que deixar o sitio ao novo pretendente.
O noivado era a ocasión que tiñan os mozos e mozas de profundar no coñecemento mutuo e o afecto, as visitas de tempo en tempo, consistían en entreterse en mutua conversación, e nunca permanecer sós lonxe da mirada vixiante dos pais.
Tiven algunha experiencia persoal desa forma de poñerse en contacto con mozas na aldea, era unha moza moi guapa que coñecera na romaría da Sainza,  o lugar das visitas era a habitación da moza e sentados na cama, fora da visión dos pais. Os mozos da vila non éramos moi ben recibidos pola familia, pensaban, as veces seguramente con razón, que íamos a aproveitarnos.

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

Ver noticia completa
blog Edelmiro Martínez Cerredelo historia de xinzo Historia de Xinzo de Limia Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
A Agrupación Musical da Limia consegue o ouro nun prestixioso festival en Holanda
La Voz de Galicia A Agrupación Musical da Limia consegue o ouro nun prestixioso festival en Holanda
A Agrupación Musical da Limia, dirixida por José Luis Tielas, acadou a medalla de ouro no World Music Contest de Kerkrade (Países Baixos), un dos encontros de música de vento máis importantes do mundo. O grupo, que representa a Xinzo de Limia, competiu na terceira sección deste certame internacional o pasado 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia. O logro foi inesperado para os membros da banda, que acudiron ao evento co obxectivo de gañar experiencia e intercambiar cultura máis que de comp…
25 de agosto de 2026 1 min lectura
Investigan en Xinzo a un joven por perseguir y tocar el pecho a una menor
La Voz de Galicia Investigan en Xinzo a un joven por perseguir y tocar el pecho a una menor
Imagen de archivo del juzgado de Xinzo de Limia El sospechoso del delito de agresión sexual reconoció los hechos y se le impuso una medida cautelar de alojamiento 17 sep 2026 . Actualizado a las 15:13 h. Un juzgado de Xinzo investiga a un hombre, de 20 años, como presunto autor de un delito de agresión sexual, por perseguir, supuestamente, a una menor hasta un portal de la localidad y tocarle un pecho. El hecho ocurrió el miércoles de la semana pasada y …
17 de septiembre de 2026 1 min lectura
O informático do Concello de Xinzo detido por roubar a un constructor segue en prisión
La Voz de Galicia O informático do Concello de Xinzo detido por roubar a un constructor segue en prisión
Un empregado do Concello de Xinzo permanece en prisión preventiva desde marzo de 2025 tras ser detido en febreiro dese mesmo ano por asaltar de forma violenta a un constructor de Lobios. Durante o rexistro da súa vivenda, a Garda Civil atopou probas que agravan a súa situación penal: Armas ilegais: Posuía armamento sen a licenza necesaria. Drogas: Ocultaba un alixo de sustancias estupefacientes na súa casa. O home, que traballaba como informático na administración local, foi posto a disposic…
18 de septiembre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser