← Volver Antela FC

Petando nas portas do ceo

Petando nas portas do ceo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Antela sentiu a vertixe da Preferente, de se estar medindo a un líder con aroma de Terceira, o histórico e poderoso Barco contra o que sempre compiten os limianos en calquera circunstancia e mais nunha mañá morna de outono sobre o prado da Moreira. Foi un partido enorme dos de Bruno Gómez, que non se deixaron nada.
Amarrados a Pedro e Breixo, como ultimamente, e con Joni outra vez capitán aparecendo no momento xusto, “capitán pantalla”, o Antela soñou durante noventa minutos coa fazaña. Mais a Copa segue sendo esquiva, e despois dun partido excelente, dun esforzo descomunal para equilibrar o fútbol dun equipo que está categoría e media por riba, a frustración chegou nos penaltis -todos ben lanzados, mais o traveseiro cuspiu o sexto dos locais, o de Álex Boán, cada vez máis sólido e valente-.

O Antela, máis pechado que de costume, aguantou ao Barco a primeira media hora. Bruno Pío apareceu cando foi preciso e na defensa Peque marcou o ton desde o lateral dereito: rápido, concentrado, sólido. Foi a súa reivindicación definitiva na Moreira. Tamén se reivindicou Cacharrón, que non parou de traballar. O Antela foi obrigando ao Barco a meter unha marcha máis, até que os visitantes entenderon que para gañar ían ter que empuxar como se empuxa en Preferente.
Joni marcou despois dun saque lateral moi preciso de Caneiro, que puxo a pelota no segundo pau e por alí apareceu “da nada” o capitán. Pasara unha hora e o Antela gobernaba o partido. Esixiu máis do rival. Desde o banquiño valdeorrés, Lino tivo que recorrer a Pazos, Iker e Brian para volver inclinar o campo cara a porta local. Empatou Pazos despois de varios rexeites na área grande do Antela.
Bruno Gómez empezou a refrescar o equipo. Entraron Jorginho, Óliver e Cole. O Antela sentíase quen de tombar ao Barco. Mais entón Tiago Teixeira recibiu dúas amarelas en dous minutos e os locais tiveron que se botar atrás. Resistiron ben até o final e chegaron os penaltis. A quenda de cinco sen fallos dos lanzadores -incluíndo un gol de Bruno Pío, que xa se sabe que ten bo pé-. O sexto dos visitantes anotouno Vilachá, e Boán mandou o balón á madeira. Así rematou a breve traxectoria do Antela nesta Copa. Con bo sabor, mais sen premio.
O equipo adestra mañá sábado e xoga o domingo ás 16,30 na Moreira contra o Peroxa na oitava xornada en Primeira Futgal. De regreso á Liga, o Antela pode chegar un chisco máis canso que o rival, mais tamén coa confianza no nivel máis alto da tempada e con máis madeira na rotación: Peque, Cacharrón, Aarón, Álex Teixeira. E a seguir… petando nas portas do ceo. Hoxe, contra o Barco, case se abriron.
Ficha técnica
ANTELA, 1; C.D. BARCO, 1 (5-6, nos penaltis)Primeira eliminatoria da Copa Deputación. Edición XLIV
Antela: Bruno Pío; Peque, Boán, Breixo, Tiago Teixeira, Caneiro, Xabi Lamas (Cole, 76′), Pedro (Lois, 80′), Dinís (Jorginho, 73′), Cacharrón (Oliver, 73′) e Joni (Aarón, 80′).
Barco: Imanol, Marcos Vilachá, Álex, Konate (Íker, 63′), Óscar Cruz, Sidibé (Camilo, 80′), Ariel Herrera (Brian, 63′), Bailón (Javi Pazos, 46′), Cuña, Rubén Dario y Ander (Brian, 63′).
Goles: 1-0, Joni (57′); 1-1, Pazos (69′).
Árbitro: Rubén Fernández Otero. Expulsou por dobre amarela ao local Tiago Teixeira no minuto 80′. Ademais amoestou aos locais Cole e Jorginho, e aos visitantes Bailón, Ariel e Brian.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
ACTUALIDADE Antela FC Copa Deputación fútbol
Tamén che pode interesar
Bruno Pío salva ao Antela dunha goleada ante o Barco
Antela FC Bruno Pío salva ao Antela dunha goleada ante o Barco
O porteiro do Antela foi o gran protagonista do empate colleitado este fin de semana ante o Barco, tras realizar varias paradas decisivas, incluído un penalti. O encontro estivo marcado polo dominio absoluto do Barco, que embotellou ao equipo local durante case todo o partido. Aínda que o Antela se adiantou cun gol de Bernando tras un córner, o xogo dos limianos foi moi irregular. O punto de inflexión chegou na segunda metade: Minuto 1: Tiago anotou en propia meta tras un erro defensivo. Minu…
11 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
Antela FC O Antela ficha a Musa Dambelleh para cubrir a baixa de Iñaki Bellido
O Antela FC vén de incorporar ao dianteiro Musa Dambelleh Danso, de 19 anos, para reforzar o equipo ata o final da tempada. O xogador chega para cubrir a praza que deixou libre Iñaki Bellido, quen causou baixa definitiva por lesión durante o resto do curso. Musa Dambelleh ten experiencia en varios clubs de formación e categorías superiores: Procedencia: canteira do Burgos (Liga Nacional). Traxectoria: formouse no Badalona e no Sant Andreu, pasou polo Granada C.F. e xogou en Segunda RFEF co A…
1 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
Antela FC O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
O Antela FC arrincou o mes de outubro cunha vitoria ante o Arenteiro (2-3) e sitúase no grupo de cabeza da clasificación de Terceira RFEF, compartindo a primeira praza con outros tres equipos. Tras cinco xornadas de liga, o conxunto que adestra Bruno Gómez atópase nunha posición de privilexio, aínda que ocupa o cuarto posto na táboa por diferencia de goles. Os seus rivais directos polo liderado son o Boiro, o Barco e o Lalín. O equipo afronta agora un calendario decisivo para consolidarse na p…
6 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser