
25N día Internacional para eliminación da violencia contra as mulleres
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 22 nov. 2024
O Concello de Xinzo de Limia conmemora o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cunha ampla programación ao longo do mes de novembro. Realizáronse diversos obradoiros e actividades para a comunidade educativa e outros colectivos, co obxectivo de sensibilizar e concienciar sobre a importancia de erradicar esta lacra social.
Programación de todos os actos
O vindeiro 25 de novembro terá lugar a lectura do manifesto na Praza Carlos Casares, ás 13:00 horas, onde tamén se habilitará unha carpa de sensibilización durante a mañá.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


