
Recoñecemento de Xinzo en “Vilas en flor de Galicia”
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 18 nov. 2024
Ángeles Martínez, en representación do concello de Xinzo co galardón “Flor de Honra” no certame Vilas en Flor Galicia 2024, destacando pola mellora dos seus espazos verdes e o compromiso coa xestión sostible. A entrega do diploma tivo lugar o pasado venres en Salvaterra de Miño
Ángeles Martínez recibindo o diploma
Vilas en Flor é un programa anual que promove a mellora da calidade de vida a través da conservación e posta en valor das áreas verdes urbanas, a educación ambiental e a concienciación cidadá. Xinzo únese así aos 42 concellos galegos galardoados nesta edición.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


