← Volver Antela FC

Petando nas portas do ceo

Petando nas portas do ceo

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O Antela sentiu a vertixe da Preferente, de se estar medindo a un líder con aroma de Terceira, o histórico e poderoso Barco contra o que sempre compiten os limianos en calquera circunstancia e mais nunha mañá morna de outono sobre o prado da Moreira. Foi un partido enorme dos de Bruno Gómez, que non se deixaron nada.
Amarrados a Pedro e Breixo, como ultimamente, e con Joni outra vez capitán aparecendo no momento xusto, “capitán pantalla”, o Antela soñou durante noventa minutos coa fazaña. Mais a Copa segue sendo esquiva, e despois dun partido excelente, dun esforzo descomunal para equilibrar o fútbol dun equipo que está categoría e media por riba, a frustración chegou nos penaltis -todos ben lanzados, mais o traveseiro cuspiu o sexto dos locais, o de Álex Boán, cada vez máis sólido e valente-.

O Antela, máis pechado que de costume, aguantou ao Barco a primeira media hora. Bruno Pío apareceu cando foi preciso e na defensa Peque marcou o ton desde o lateral dereito: rápido, concentrado, sólido. Foi a súa reivindicación definitiva na Moreira. Tamén se reivindicou Cacharrón, que non parou de traballar. O Antela foi obrigando ao Barco a meter unha marcha máis, até que os visitantes entenderon que para gañar ían ter que empuxar como se empuxa en Preferente.
Joni marcou despois dun saque lateral moi preciso de Caneiro, que puxo a pelota no segundo pau e por alí apareceu “da nada” o capitán. Pasara unha hora e o Antela gobernaba o partido. Esixiu máis do rival. Desde o banquiño valdeorrés, Lino tivo que recorrer a Pazos, Iker e Brian para volver inclinar o campo cara a porta local. Empatou Pazos despois de varios rexeites na área grande do Antela.
Bruno Gómez empezou a refrescar o equipo. Entraron Jorginho, Óliver e Cole. O Antela sentíase quen de tombar ao Barco. Mais entón Tiago Teixeira recibiu dúas amarelas en dous minutos e os locais tiveron que se botar atrás. Resistiron ben até o final e chegaron os penaltis. A quenda de cinco sen fallos dos lanzadores -incluíndo un gol de Bruno Pío, que xa se sabe que ten bo pé-. O sexto dos visitantes anotouno Vilachá, e Boán mandou o balón á madeira. Así rematou a breve traxectoria do Antela nesta Copa. Con bo sabor, mais sen premio.
O equipo adestra mañá sábado e xoga o domingo ás 16,30 na Moreira contra o Peroxa na oitava xornada en Primeira Futgal. De regreso á Liga, o Antela pode chegar un chisco máis canso que o rival, mais tamén coa confianza no nivel máis alto da tempada e con máis madeira na rotación: Peque, Cacharrón, Aarón, Álex Teixeira. E a seguir… petando nas portas do ceo. Hoxe, contra o Barco, case se abriron.
Ficha técnica
ANTELA, 1; C.D. BARCO, 1 (5-6, nos penaltis)Primeira eliminatoria da Copa Deputación. Edición XLIV
Antela: Bruno Pío; Peque, Boán, Breixo, Tiago Teixeira, Caneiro, Xabi Lamas (Cole, 76′), Pedro (Lois, 80′), Dinís (Jorginho, 73′), Cacharrón (Oliver, 73′) e Joni (Aarón, 80′).
Barco: Imanol, Marcos Vilachá, Álex, Konate (Íker, 63′), Óscar Cruz, Sidibé (Camilo, 80′), Ariel Herrera (Brian, 63′), Bailón (Javi Pazos, 46′), Cuña, Rubén Dario y Ander (Brian, 63′).
Goles: 1-0, Joni (57′); 1-1, Pazos (69′).
Árbitro: Rubén Fernández Otero. Expulsou por dobre amarela ao local Tiago Teixeira no minuto 80′. Ademais amoestou aos locais Cole e Jorginho, e aos visitantes Bailón, Ariel e Brian.

Fonte: antela.fala.gal

Ver noticia completa
ACTUALIDADE Antela FC Copa Deputación fútbol
Tamén che pode interesar
O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
Antela FC O Antela loita polo liderado en Terceira RFEF neste mes de outubro
O Antela FC arrincou o mes de outubro cunha vitoria ante o Arenteiro (2-3) e sitúase no grupo de cabeza da clasificación de Terceira RFEF, compartindo a primeira praza con outros tres equipos. Tras cinco xornadas de liga, o conxunto que adestra Bruno Gómez atópase nunha posición de privilexio, aínda que ocupa o cuarto posto na táboa por diferencia de goles. Os seus rivais directos polo liderado son o Boiro, o Barco e o Lalín. O equipo afronta agora un calendario decisivo para consolidarse na p…
6 de octubre de 2026 1 min lectura
O Antela e o Barco enfróntanse este domingo na Moreira polo liderado de Terceira
Antela FC O Antela e o Barco enfróntanse este domingo na Moreira polo liderado de Terceira
O Antela e o Barco disputan este domingo na Moreira un partido clave para o liderado do grupo I de Terceira RFEF. Os dous equipos ourensáns chegan ao encontro nun gran momento de forma nesta categoría estatal. O choque é un clásico recente con moita rivalidade. Mentres o Barco, adestrado por Agustín Ruiz, destaca pola súa solidez e experiencia, o Antela chega ao duelo como líder e con novas armas ofensivas, como o xogador Álex Cid. Datos a ter en conta para este encontro: Localización: Campo …
9 de octubre de 2026 1 min lectura
Antela FC
Antela FC O Antela recibe ao Portonovo este domingo nun duelo crucial pola parte alta
O Antela e o Portonovo enfróntanse este domingo ás 17:00 horas no campo da Moreira, nun partido vital para manterse na zona nobre da clasificación. O equipo local, adestrado por Bruno Gómez, afronta o choque con varias baixas importantes e a necesidade de recuperar o seu mellor xogo tras empatar a última xornada. As principais novidades e situación do cadro son: Baixas confirmadas: Carlos González. Dúbidas por lesión: Gastón e Bruno Pío, dous xogadores fundamentais no esquema defensivo e orga…
17 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser