Xoves, 12 de novembro Xinzo 14° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

4.000 entradas para que as familias gocen da primeira edición de Funtastik en Expourense

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
5 out. 2024
Ver a noticia orixinal

A Deputación de Ourense pon a disposición dos concellos da provincia un total de 4.000 entradas para que as familias poidan desfrutar da primeira edición de Funtastik, que se desenvolverá desde hoxe e ata o 13 de outubro no recinto feiral de Expourense. Estas entradas foron distribuídas a petición dos municipios que as soliciten e dun xeito proporcional á poboación de cada concello solicitante.
A primeira edición de “Funtastik. No limits”, é un evento que aglutina formación e diversión a través dun espazo de multiexperiencias para todas as idades, que se enmarca dentro do compromiso das institucións cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Funtastik busca potenciar espazos de lecer e educativos para todas as familias, e na que xa están inscritos máis de 20 colexios. En Expourense ofreceranse espazos e experiencias diferenciadas adaptadas a todos os públicos, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As entradas poden adquirirse por un prezo de 9 euros a través de ataquilla.com ou fisicamente en Expourense pola semana.
Precisamente, Funtastik contará cun espazo temático dos “Pitufos” para educar nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible mentes desfrutan con xogos interactivos, un espazo de “Lego” onde os rapaces e rapazas poderán desenvolver a súa creatividade, así como múltiples experiencias como un circuíto de inchables xigantes, pistas de xeo ecolóxico, circuítos de obstáculos, entre outras actividades que estarán supervisadas por monitores.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser