← Volver 21 Noticias

A denuncia pola agresión dun directivo dos regantes da Limia a un labrego plasma a tensión polo plan de regadío cun custe de 35 millóns de euros – 21NOTICIAS

A denuncia pola agresión dun directivo dos regantes da Limia a un labrego plasma a tensión polo plan de regadío cun custe de 35 millóns de euros – 21NOTICIAS

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Un directivo da asociación de regadío ourensán NOVA LIMIA, A.S.D., da que forman parte máis de 1.800 labregos da comarca da Limia foi denunciado no Xulgado de Xinzo por agresión contra un dos regantes incluídos nesa agrupación.
Os feitos ocorreron datas atrás, cando, supostamente, o agresor bateulle moi violentamente ao denunciante.
Os feitos aconteceron como consecuencia dunha discrepancia verbal inicial sen violencia sobre a posible venda dunha parcela incluída no plan de rega.
A presunta agresión provocoulle ao afectado, segundo o informe incluído na denuncia, unha fractura dos osos propios do nariz e tamén problemas nun ollo, aínda por avaliar.
Tamén causou a rotura das lentes e unha posible afectación nun ollo, todo ilo pendente da verificación pericial xudicial definitiva.
Os feitos sucederon, segundo a denuncia formal, ante mirada da anciá nai da vítima.
Nas próximas semanas ou meses a xuíza definirase sobre a veracidade ou non dos feitos e as súas posibles consecuencias penais.
Preocupación polo plan
Estes sucesos prodúcense no medio dunha longa tensión latente na zona provocada pola incerteza xeral sobre o futuro inmediato do plan de rego da comarca da Limia, cun custe global de 35 millóns de euros, financiados na súa maior parte por fondos da UE.
O xoves, autoridades da entidade pública SEIASA, da consellería e dos propios regantes visitaron unhas obras do plan, pero ninguén clarexou o punto clave: A financiamento.
O directivo de NOVA LIMIA e presunto agresor e a xunta directiva aínda non definiron o custe por hectárea aos centos de afectados por esta infraestrutura.  
Ilo non evitou que NOVA LIMIA xa firmara cunha entidade bancaria un empréstito por valor de 17 millóns de euros hai meses.
Isto provocou xa varias friccións serias na Limia, entre elas insultos e amenazas nas últimas asembleas por parte dalgúns labregos incluídos na agrupación, que rexeitan firmemente a falta de definición da directiva sobre o importe real e definitivo destas infraestruturas para os asociados.
As misivas certificadas enviadas xa aos labregos evalúan o custe en 2.700 euros por hectárea, a pagar antes do 20-12-2024 a través de tres modalidades e prazos, coa posibilidade da petición dun crédito a 15 anos.
Nesas misivas oficiais ninguén fala ou garantiza nada sobre un hipotético custe adicional que poida vir no futuro.
Sen claridade
Unha posible redución de custes estaría definida pola subvención, non concretada nin consignada co seu orzamento, de 12 millóns de euros a asumir pola Xunta e a Deputación de Ourense. Aínda ninguén coñece os datos definitivos sobre esa indeterminada axuda, pese as promesas varias duns políticos e outros. 
E é que este aporte serviría para financiar o IVE da obra, un 21 por cento, que ten que ser asumido polos regantes trala firma do convenio co Ministerio de Agricultura e que, de ratificarse, ocasionaría un enorme incremento dos custes.
Sen esa axuda o importe por hectárea podería subir ata máis de 8.000 euros.
Fontes consultadas por este xornal dubidan da legalidade da eventual subvención, xa que esa axuda iría non a inversións (xa pagadas por varios millóns de euros pola Xunta na realización de pozos e infraestruturas dos pozos de extracción da auga), senón a asumir polas dúas administracións do estado español.
Trataríase de pagar un tributo fiscal xeral para un grupo de profesionais, creando un agravio comparativo con outros colectivos.
Aínda hai máis. Os enfrontamentos chegan xa as aldeas da bisbarra. En reunións recentes nos pobos hai pelexas case de corpo a corpo entre algúns labregos e unha enorme tensión causada polo plan.
Queda pendente unha reunión definitiva da xunta xeral de regantes de NOVA LIMIA que deberá validar acordos, que, a data de hoxe, non está claro que acaten moitos labregos incluídos no plan.  

Fonte: 21noticias.com

Ver noticia completa
21 Noticias A Limia agresion Ourense plan de regadio
Tamén che pode interesar
Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio reciben a Bandera Verde de Galicia
Diario do Limia Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio reciben a Bandera Verde de Galicia
Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio e Porqueira foron galardoados con a Bandera Verde de Galicia na convocatoria de 2026, segundo publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia. Este premio recoñece o esforzo dos concellos por protexer a natureza, mellorar o paisaxe e xestionar mellor os residuos. Un total de 39 municipios recibiron o distintivo este ano, seis máis que en 2025. Entre os 11 concellos que o reciben pola primeira vez están: Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio Boimorto, Carballe…
21 de octubre de 2026 1 min lectura
Como saber onde votar nas eleccións do 29N: prazos e formas de consulta
Diario do Limia Como saber onde votar nas eleccións do 29N: prazos e formas de consulta
Do 12 ao 19 deste mes podes comprobar se estás inscrito no censo e en que mesa votarás nas eleccións xerais do 29 de novembro. Tes tres formas de consultar esta información: No concello: Tes que identificarte ante o persoal para que busquen os teus datos no ordenador. Por protección de datos, xa non se expoñen listas públicas nos tablóns de anuncios. Na web do INE: Se tes o sistema Cl@ve, podes ver os teus datos persoais e a dirección exacta do local electoral. Se non tes certificado dixit…
14 de octubre de 2026 1 min lectura
O PSdeG esixe á Xunta saber se as brigadas de incendios de Seaga estiveron completas
Diario do Limia O PSdeG esixe á Xunta saber se as brigadas de incendios de Seaga estiveron completas
As deputadas socialistas Carmen Rodríguez Dacosta e Lara Méndez rexistraron unha pregunta no Parlamento para aclarar se a Xunta cubriu realmente as 42 brigadas de loita contra incendios prometidas para a campaña de 2026. A Xunta anunciou a contratación de 180 persoas a través da empresa pública Seaga para reforzar a vixilancia durante 90 días, reservando a metade destes equipos (21 brigadas) para a provincia de Ourense. O PSdeG cuestiona se estas cifras se cumpriron na práctica ou se houbo post…
2 de octubre de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser