
Xinzo máis preto dos 10.000 habitantes
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 13 set. 2024
Dende fai uns anos o concello de Xinzo ao igual que a maioría dos galegos do ámbito rural ven perdendo poboación. Todos os partidos, cando están na oposición, pregunta que pensa facer o grupo de goberno para reverter esta situación. E resulta que de momento e que se saiba, nada se fixo, pero a situación está a mudar pasando de ter 9.630 a 1 de xaneiro a 9.759 no mes de setembro.
Outro dos datos que saltan a vista, cando se examinan os datos do INE salta a vista que por primeira vez, despois de moitos anos, no mes de agosto houbo o mesmo número de defuncións e nacementos. Ata agora, as primeiras superaban as segundas, sempre, por moito.
38 NACIONALIDADES- 734
Xa son 38 as nacionalidades dos veciños de Xinzo, empatando no primeiro lugar con 127 os procedentes de Portugal e Venezuela. En segundo lugar están os de Marruecos con 123. Xa a maior distancia están os Peruanos (77), que son os que mais medran nos últimos meses continuando cos colombianos (59). Na seguinte posición están os Rumanos (49). Seguindo en sentido descendente atopámonos cos Brasileiros (30), Chinos (24), Cubanos(18), República Dominicana (11) e Italia (10). Alemania e Chile contan con 8 e 7 veciños. De Filipinas e Ecuador residen en Xinzo 5 de cada nacionalidade. De Turquía, Siria, Urugay, Argentina, Nicaragua e Polonia son veciños de Xinzo (4) de cada unha. Albania, Senegal, Paraguay e Pakistan están nos últimos lugares con 3 veciños de cada. Con 2 veciños de cada unha delas están Francia, Suiza, Estados Unidos, México e Bolivia. E por último con un representante como veciño temos a Belgica, Bulgaria, Paises Bajos, Moldavia, Serbia, Honduras e Panamá . Estes son os datos oficiais, dos veciños empadroados no concello de Xinzo. Outra cousa diferente, serán os que vivan, aínda que non estean empadroados, dos que todos temos coñecemento, non solo estranxeiros, se non galegos que viven en Xinzo, pero están empadroados nos concellos limítrofes da Limia.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →

