Venres, 27 de novembro Xinzo 12° Garda: ANTONIO GOMEZ PENIN
Dende A Limia

Presentada en Xinzo a terceira etapa da Volta Galicia 2024

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
11 set. 2024
Ver a noticia orixinal

Hoxe celebrouse en Xinzo de Limia a presentación oficial da terceira etapa da 22ª Volta a Galicia, nun acto que contou coa presenza de membros da Federación Galega de Ciclismo, o alcalde de Xinzo, Amador Díaz, e a concelleira de deportes, Cristina Campero. A etapa, que se disputará este sábado 14 de setembro, será un dos momentos clave desta prestixiosa competición ciclista, cun percorrido de 160 quilómetros que levará aos corredores a través de diversos puntos da provincia da comarca da Limia.
A saída e chegada terán lugar na Praza Maior de Xinzo, cunha saída neutralizada ás 12:00 h. O trazado inclúe varios portos de montaña, como o alto das Estivadas ou o do Couso, que ofrecerán un desafío importante aos ciclistas, facendo desta etapa unha das máis emocionantes do evento. Ademais, o percorrido permitirá aos espectadores gozar tanto do espectáculo deportivo como das impresionantes paisaxes naturais da zona.
Durante a presentación, o alcalde Amador Díaz quixo destacar a importancia de que Xinzo forme parte dun evento deportivo tan relevante en Galicia, sinalando que “a Volta a Galicia non só é unha oportunidade para promover o deporte, senón tamén para dar a coñecer o noso municipio e a súa riqueza natural a través dun evento de gran envergadura.”
A Volta a Galicia, que se desenvolverá do 12 ao 15 de setembro, homenaxeará este ano ao ciclista Álex Marque. Con etapas en localidades como Sarria, Xinzo de Limia e Sanxenxo, esta competición consolidouse como unha das citas máis importantes do ciclismo galego e conta cun percorrido deseñado para poñer a proba as habilidades dos mellores corredores do panorama nacional.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser