← Volver Dende A Limia

Presentado o campionato nacional de Parapente a celebrar en Baltar

Presentado o campionato nacional de Parapente a celebrar en Baltar

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Esta mañá na sede da Xunta de Galicia en Ourense foi presentada a 36ª edición do Campionato de España de Parapente 2024, que se desenvolverá na serra do Larouco, concello de Baltar, do 14 ao 20 de xullo.
Estiveron na presentación ademais do delegado territorial da Xunta, o alcalde de Baltar José A. Feijoó e membros do comité organizador do club de Parapente de Baltar.

O representante do Goberno galego recalcou a intención de consolidar a nosa provincia como un destino ambiental, social e economicamente sostible procurando a responsabilidade de todos os axentes no desenvolvemento equilibrado e a longo prazo. Salientou, ademais, a importancia dos produtos asociados ao turismo activo e recordou que, para seguir avanzando na súa posta en valor, o Goberno autonómico traballa na elaboración da futura folla de ruta do turismo de Galicia, a Estratexia do Turismo de Galicia 2024-2030 da man da sustentabilidade e dixitalización, entre outros aspectos.
Esta proba é a primeira vez que se desenvolve en Galicia e por suposto na serra do Larouco en Baltar.
Na mesma participan 135 pilotos de toda España, o máximo nº de participantes que permiten as normas do campionato.
A Serra do Larouco está situada entre o Concello de Baltar (España) e o Municipio de Montalegre (Portugal). Esta cadea montañosa granítica  esténdese ao longo de 10 km de NE a SW ofrecendo unhas excelentes condicións para o voo de Cross. Alcanza os 1.525 metros no seu punto máis alto (despegue) e ofrece a posibilidade de despegues en todas as configuracións: N,S,E e W.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
Dende A Limia A Civitas Limicorum presente no 25º aniversario do Arde Lucus
A Asociación Cultural Civitas Limicorum de Xinzo de Limia participou na edición especial Annus Argenteus do Arde Lucus, que conmemorou o seu vixésimo quinto aniversario na cidade de Lugo. A asociación mantén unha vinculación histórica co festival, estando presente desde as súas primeiras edicións e contribuíndo á consolidación deste evento como referente de Interese Turístico Internacional. A delegación da Civitas Limicorum, integrada por membros que representan tanto o bando castrexo como o ro…
22 de junio de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
Dende A Limia A Deputación de Ourense aprueba máis de 220 mil euros para deporte, protección animal e cooperación municipal
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou un conxunto de acordos por un total de 220.397,81 euros. Estas axudas están destinadas principalmente ao fomento do deporte, o apoio á protección animal e o reforzo de infraestruturas nos distintos concellos da provincia. Fomento do deporte de base A institución destinará 20.000 euros a unha nova liña de subvencións para a formación de técnicos e monitores deportivos. O obxectivo é apoiar a cualificación profesional das persoas vinculadas aos…
1 de junio de 2026 2 min lectura
Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
Dende A Limia Fase final das obras de remodelación nas avenidas de Ourense e Madrid
As obras de intervención nas avenidas de Ourense e de Madrid están a entrar nunha etapa decisiva, estimándose que en aproximadamente dúas semanas as infraestruturas estean totalmente rematadas e listas para o seu uso. Recentemente, os traballos concentráronse no tramo elevado situado na curva da Praza Maior, onde se procedeu ao debuxado do asfalto e á sinalización final. Para garantir a calidade do acabado, o persoal técnico realizou o traballo de calentamento da capa asfáltica para a aplic…
4 de junio de 2026 1 min lectura