← Volver Dende A Limia

I Xornadas de Lonxevidade en Xinzo, candidata a zona azul.

I Xornadas de Lonxevidade en Xinzo, candidata a zona azul.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Hoxe a tarde deron comezo as I Xornadas Intercomunitarias de Lonxevidade e Hábitos Saudábeis, onde se reuniron expertos nacionais e internacionais para debater sobre os factores determinantes da lonxevidade e ofrecer pautas para un envellecemento activo e saudable.

Un dos temas principais foi a obtención da denominada «Zona azul», que son as áreas do mundo recoñecidas pola alta lonxevidade dos seus habitantes, e a promoción da nutrición e os habitos saudables. Tamén se falou da importancia de protexer os dereitos das persoas maoires e de previr a súa vulnerabilidade, asegurando así que teñan acceso a coidados e recursos para unha vida digna e plena. 
Entre as autoridades asistentes estiveron: Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, Manuel Pardo, delegado territorial da Xunta en Ourense,  Ana Patricia Torres, voceira e deputada provincial do PP por Ourense, Amador Díaz, alcalde de Xinzo e Carlos Gomez, concelleiro de Cultura.

Carlos Gomez quixo agradecer tamén o compromiso dos colectivos involucrados, con especial mención a Pablo García Vivanco e a Lola rico polo seu apoio continuado a “iniciativas que promoven a saúde e o benestar da comunidade”.
Na mesa redonda de hoxe estiveron: moderador, Ricardo de la Fuente Cid, farmacéutico e dietista-nutricionista, coa intervición de : Pablo García Vivanco, farmacéutico comunitario e dietista-nutricionista, presidente de Ourensividad, José María Failde, Doctor en Psicoloxía, profesor titular da UVIGO, director do programa internacional de doutorado en ciencias sociais e do envellecemiento e presidente da Sociedade Galega de Xereontoloxía e Xeriatría, Manuel AS Santos, director científico do Instituto Multidisciplinar do Envellecemento de Portugal, catedrático da Facultad de Mediciña de Coímbra e director do Instituto de Biomedicina de Portugal, Dolores Fernández Marcos, médico especialista en Hidroloxía Médica do Grupo Caldaria.

Programa Sábado 29: 
10:00h.: mesa redonda «Asociacionismo na promoción de hábitos saudables», moderada por Paz Gómez del Valle, presidenta da asociación diabética AURIA, e na que intervirán representantes do CDR O Viso, FEMURO, a Escuela Rural de Saude da Limia e de Cruz Vermella.
11:00h: proxección do documental «Xinzo de Limia e as súas xentes e a súa comarca».
12:00h.: ponencia «Zoas azuis: lugares onde envellecer mellor», presentada por Cristina Conde Rodríguez, farmacéutica, dietista-nutricionista e vicepresidenta de Ourensividad. Esperanza Navarro Pardo: especialista en Psicoloxía Clínica, catedrática de Psicoloxía Evolutiva da Universidade de Valencia e Cátedra en Ciencias da Saude.
13:00h.: clausura, presentada por José Luis Prieto Salgado, farmacéutico, analista e óptico-optometrista, Manuel Mandianes Castro: Doutor en Antropoloxía, Teoloxía e Socioloxía, investigador do CSIC e escritor.
XA como remate serán as autoridades as encargadas de pechar as xornadas nun acto no que as persoas asistentes poderán disfrutar dun ágape con productos autóctonos da dieta atlántica. E a iso das 17:00 o encontro finalizara cunha visita guiada por Xinzo de Limia e a súa contorna.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
Dende A Limia Lanzamento dos campamentos de verán "Ourense Explora" e "Music Camp"
A Deputación de Ourense presentou a nova edición de dous dos seus clásicos campamentos de verán, que se desenvolverán no Complexo Turístico de O Corgo (Muíños), nun enclave próximo á praia fluvial das Conchas. No acto de presentación participaron representantes da Deputación e das entidades organizadoras de cada proxecto. Ourense Explora Este proxecto, organizado por Sustinea en colaboración coa Deputación, ten un enfoque lúdico e educativo, combinando actividades de natureza, deportes, xogos …
3 de junio de 2026 2 min lectura
A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
Dende A Limia A Asociación Civitas Limicorum prepara a XXVI Festa do Esquecemento en Xinzo
A Asociación Civitas Limicorum celebrou a súa primeira asemblea anual, marcando o inicio dos preparativos para a XXVI Festa do Esquecemento. Durante o encontro, certificouse o crecemento do colectivo, que xa conta con un total de 700 socios. A gran cita histórica, que recrea o ano 137 a.C., terá lugar os días 21, 22 e 23 de agosto de 2026. Esta edición será a máis importante ata o momento, xa que prevé contar coa participación récord de 54 grupos. O obxectivo da directiva, encabezada por Marcos…
24 de mayo de 2026 1 min lectura
Inversión de máis de 197.000 euros na creación de tres novos pasteiros en Bande e Lobeira
Dende A Limia Inversión de máis de 197.000 euros na creación de tres novos pasteiros en Bande e Lobeira
O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, José Balseiros, visitou os concellos de Bande e Lobeira para supervisar a finalización de tres pasteiros. Estas actuacións representan un investimento superior aos 197.000 euros. O obxectivo principal destas obras é fomentar o desenvolvemento rural, promover a conservación da biodiversidade e dos ecosistemas agroforestais, e contribuir á prevención de incendios forestais mediante a práctica da…
21 de mayo de 2026 2 min lectura