← Volver Dende A Limia

As tormentas de onte causaron considerables danos no Hipódromo de Antela

As tormentas de onte causaron considerables danos no Hipódromo de Antela

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Onte entre as 21:30 e as 22.30 h, unha intensa tormenta de auga, vento e sarabia caiu no Hipodromo de Antela.

A treboada afectou de forma intensa  a zona norte da pista de carreiras e o picadeiro olímpico cuberto.
O forte vento arrincou algunhas das laminas translúcidas do teito do picadeiro e parte do valado perimetral da pista de carreiras.

Así como tamén volcou e desprazou os caixóns de saida. No entorno tamén tumbou e rompeu arbores do perímetro.

No resto das instalcións non se detectaron mais incidentes , agás acumulacións puntuais de auga e sarabia. Por sorte os equinos que se atopaban estabulados no Hipódromo non se viron afectados. Preveese solventar os danos ocasionados ao largo do día de hoxe nas áreas afectadas. O resto do Hipódromo continuara coa súa actividade normal, pendentes das tormentas prevista para hoxe e mañan. O cal podería levar a suspensión das actividades mentres duren os fenómenos metereolóxicos. Materán informados aos usuarios do centro ecuestre.
.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
Dende A Limia O Antela supera ao Betanzos e avanza na pelexa
O Antela logrou unha vitoria decisiva ante o Betanzos no estadio García Hermanos, un resultado que lle permite avanzar na competición grazas a unha estratexia táctica eficiente e ao protagonismo de pezas clave. Estratexia e desenvolvemento do partido A clave do triunfo residiu na xestión táctica do adestrador Bruno Gómez, quen introduciu a Couto no medio campo para neutralizar o xogo do rival e ofrecer soporte á liña defensiva composta por Boán e Constela. O equipo limiano apostou por un model…
8 de junio de 2026 1 min lectura
Festival de Primavera das ANPAS (Galeria de Fotos)
Dende A Limia Festival de Primavera das ANPAS (Galeria de Fotos)
Onte a tarde a Casa da Cultura de Xinzo encheuse ata a bandeira, o festival organizado polas ANPAS foi un exito absoluto. Os cativos e cativas do CEIP. Rosalía de Castro e do CEIP Carlos Casares amosaron todo o seu talento. Diferentes coreografias e obras de teatro demostraron a importancia que teñen as actividades extraescolares, na que os nenos aprenden valores, compañeirismo e saquen o mellor de si mesmos, Fusión Fitness e Teatro Aneis son os encargados de levalas a cabo.  …
25 de mayo de 2026 1 min lectura
Rutas de sendeirismo pola Vía da Prata: Proxecto "Camiño Vertical"
Dende A Limia Rutas de sendeirismo pola Vía da Prata: Proxecto "Camiño Vertical"
A Deputación de Ourense, a través do Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), pon en marcha un ciclo de rutas de sendeirismo pola Vía da Prata entre Feces e Ourense. Esta iniciativa forma parte do proxecto "Camiño Vertical", cofinanciado polo programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) da Unión Europea, co obxectivo de promover o turismo sustentable e a dinamización económica do medio rural mediante a valorización dos itinerarios históricos e culturais do territorio. O prog…
18 de mayo de 2026 1 min lectura