← Volver La Región

O BNG de Xinzo de Limia reclama ao PP solucións aos regantes

O BNG de Xinzo de Limia reclama ao PP solucións aos regantes

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Representantes do BNG en tódalas administracións autonómicas xuntáronse en Xinzo para esixirlle ó PP solucións inmediatas para un problema urxente. 
O BNG quéixase de que o Partido Popular deixe abandonados ós agricultores e propietarios das comunidades da zona sur do Concello de Xinzo, logo de moitas promesas electorais que “non se cumpren e, estamos vendo, que non se van cumprir”, di Camilo Vila, voceiro municipal do BNG.
O Partido Popular anunciaba recentemente que cambiaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que asumirá o 20% do IVE a repartir entre Deputación provincial e Xunta de Galicia. Sonia Vidal, deputada autonómica do BNG, informou da presentación dunha iniciativa que será defendida na próxima sesión plenaria do Parlamento Galego ó tempo que o portavoz do grupo provincial do BNG en Ourense, Bernardo Varela, fará o propio na Deputación de Ourense. 

Camilo Vila defende a urxencia de repostas políticas nun momento crítico onde a campaña de patacas ten comezado dun xeito accidentado pola meteoroloxía, cuestión que provoca, por exemplo, heteroxeneidade nos ritmos e ciclos das producións.
O tenente de alcalde de Xinzo, Antonio Fernández Veiga, defende que “o PP apoia totalmente os nosos agricultores. Queremos chegar a negociación máxima posible para chegar a un acordo da Xunta e o Goberno Central”.

Fonte: laregion.es

Ver noticia completa
A Limia La Region prensa
Tamén che pode interesar
Animación á lectura na Biblioteca Pública Antelana para conmemorar as Letras Galegas
La Región Animación á lectura na Biblioteca Pública Antelana para conmemorar as Letras Galegas
A Biblioteca Pública Antelana de Xinzo de Limia acolleu unha sesión de contacontos inspirada na obra “O bosque animado”, de Wenceslao Fernández Flórez. A actividade contou coa participación de arredor de cincuenta alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro e foi escenificada polos voluntarios da biblioteca, Eduin Arias Ruiz e Alejandra Gómez Gómez. O obxectivo desta iniciativa foi fomentar a imaxinación, o interese pola lectura e a interacción dos máis pequenos coa literatura galega mediante a…
23 de mayo de 2026 1 min lectura
Xinzo de Limia ampliará o seu parque empresarial nun 40%
La Región Xinzo de Limia ampliará o seu parque empresarial nun 40%
O polígono industrial de Xinzo de Limia está próximo a un incremento significativo da súa superficie, con plans para sumar 117.418 metros cuadrados de terreo. Esta ampliación supón un crecemento do 40% da área actual e engadirá 23 novas parcelas ás 90 que xa se encuentran en funcionamento. O proxecto conta cunha inversión superior aos 7,5 millóns de euros, executada pola Consellería de Economía e Industria a través de Xestur. Grazas á súa localización estratéxica, con fácil acceso á A-52 e cone…
29 de mayo de 2026 2 min lectura
Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
La Región Celebración das "Vestales" en Xinzo de Limia: un tributo ao legado romano
A asociación Civitas Limicorum celebrou a terceira edición do evento "Vestales" en Xinzo de Limia, unha iniciativa que busca recuperar a conexión histórica da zona de A Limia co Imperio Romano. Este certame complementa a Festa do Esquecemento, que aspira a converterse nunha cita de Interés Turístico. O evento contou coa participación de diversos grupos de recreación histórica de toda España, desenvolvendo unha programación centrada na figura das sacerdotisas de Vesta e o simbolismo do lume sagr…
31 de mayo de 2026 2 min lectura