Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

O Obispo de Ourense oficia unha misa en Xinzo polas vitimas de accidentes de tráfico

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
4 xuño 2024
Ver a noticia orixinal

Esta tarde, na misa das 8 na Igrexa Nova, celebrouse a “IX xornada enxugar as bagoas”. A misa oficiada polo señor bispo José Leonardo Lemos Montanet, era para acompañar as familias e vítimas de accidentes de tráfico. As misas lévanse a cabo varias veces o ano nas diferentes parroquias da provincia. 
O delegado Pastoral da carreteira, Fernando Castro foi un dos participantes nos actos. 

Fernando é policía local en Verín, e a súa historia de vida esta moi relacionada con esta iniciativa, xa que cando tiña 3 anos perdeu o seu pai nun accidente de tráfico, feito que marcou a súa vida e a da súa familia. Isto provocou nel un desexo de formarse en seguridade vial dende cativo, por iso se fixo policía local. Coa súa experiencia e formación imparte charlas en colexios e parroquias. Charlas polas que obtivo varios recoñecementos nacionais e internacionais.
No ano 2018, o bispo Don Leonardo Lemos, propúxolle ser responsable do departamento da Pastoral da Carreteira. Cargo que aceptou encantado porque así pode aportar a seu gran de area.
“O que queremos é amosar a cercanía da igrexa coas vítimas dos accidentes de tráfico, porque é unha lacra e a xente sofre moito”, di o delegado Fernando Castro. Por iso, cada vez que ten algunha noticia sobre un accidente fatal de tráfico, intenta ir dar o pésame acompañado dun sacerdote.

O acto litúrxico tamén asistiron o alcalde, Amador Díaz, o concelleira de Servizos Socias, Mª Ángeles Martínez e o concelleiro de urbanismo e mobilidade, Moncho Gómez.
Declaracións en exclusiva do Bispo Don Leonardo para DendeaLimia

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser