← Volver Blogs

FEIRA DAS MOZAS O 14 DE MAIO EN XINZO.

FEIRA DAS MOZAS O 14 DE MAIO EN XINZO.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

Cando chegaba a primavera na Limia, a feira do día 14 de maio en Xinzo, non só era comercial, era o esperado día da “Feira das Mozas”, que segundo a tradición oral “O mozo que non atopa moza o 14 de maio, non a atopa en todo o ano”. A tardiña, cando se acaba as transaccións comerciais, comezaba pola estra xeral o paseo das mozas e mozos da Limia.
Previamente as mozas e mozos, vestidos coas súas mellores vestimentas de festa, iniciaban os paseos pola estrada xeral, cruzábanse mozos e mozas con miradas furtivas ata que se perdía a timidez e se facían presentacións. O paseo prolongábase ata o inicio do baile na pista do café Ideal, o único existente no pobo. Non había daquelas nin gaiteiros nin música nas rúas. Cantas parellas naceron destas xornadas das feiras do 14 de maio!
Na Limia pola semana eran días de duro traballo para homes e mulleres, pero os xoves a noitiña, era día de visitar ás mozas nas aldeas. Chegabas a aldea, buscabas a casa da moza e no patio batías as palmas e, se a moza accedía, subías a casa. Mentres o compromiso non era formal, calquera outro mozo podía chegar bater as palmas e tiñas que deixar o sitio ao novo pretendente.
O noivado era a ocasión que tiñan os mozos e mozas de profundar no coñecemento mutuo e o afecto, as visitas de tempo en tempo, consistían en entreterse en mutua conversación, e nunca permanecer sós lonxe da mirada vixiante dos pais.
Tiven algunha experiencia persoal desa forma de poñerse en contacto con mozas na aldea, era unha moza moi guapa que coñecera na romaría da Sainza,  o lugar das visitas era a habitación da moza e sentados na cama, fora da visión dos pais. Os mozos da vila non éramos moi ben recibidos pola familia, pensaban, as veces seguramente con razón, que íamos a aproveitarnos.

Fonte: historiadexinzo.wordpress.com

Ver noticia completa
blog Edelmiro Martínez Cerredelo historia de xinzo Historia de Xinzo de Limia Xinzo de Limia
Tamén che pode interesar
A familia Quintairo: case 20 membros dedicados a apagar lumes
La Voz de Galicia A familia Quintairo: case 20 membros dedicados a apagar lumes
A saga familiar dos Quintairos suma xa preto de 20 integrantes que traballan como axentes forestais e bombeiros en Galicia. Esta profesión converteuse nunha tradición que comparten pais, fillos e netos. Na familia, composta por membros como a avoa Concha, os irmáns Ana e Carlos, e os máis novos —Anxo, Breo, Xilda e Lúa—, o traballo forestal é o eixo da súa vida: Vocación familiar: O labor de loitar contra os incendios pasou de xeración en xeración. Estilo de vida: Para os Quintairos, o monte …
13 de septiembre de 2026 1 min lectura
A Agrupación Musical da Limia consegue o ouro nun prestixioso festival en Holanda
La Voz de Galicia A Agrupación Musical da Limia consegue o ouro nun prestixioso festival en Holanda
A Agrupación Musical da Limia, dirixida por José Luis Tielas, acadou a medalla de ouro no World Music Contest de Kerkrade (Países Baixos), un dos encontros de música de vento máis importantes do mundo. O grupo, que representa a Xinzo de Limia, competiu na terceira sección deste certame internacional o pasado 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia. O logro foi inesperado para os membros da banda, que acudiron ao evento co obxectivo de gañar experiencia e intercambiar cultura máis que de comp…
25 de agosto de 2026 1 min lectura
Ponteareas pide que a Festa da Peixeira de Xinzo sexa declarada de interese turístico
La Voz de Galicia Ponteareas pide que a Festa da Peixeira de Xinzo sexa declarada de interese turístico
O Concello de Ponteareas solicitou á Xunta de Galicia que a Festa da Peixeira de Xinzo reciba o recoñecemento de interese turístico, un distintivo que busca poñer en valor a singularidade desta celebración. Esta festa, que celebra este venres a súa XXXIV edición, homenaxea ás mulleres que durante xeracións levaron o peixe desde a costa ata o interior, converténdose nun símbolo de identidade para a parroquia. O obxectivo desta petición é protexer este legado histórico e atraer a máis visitantes …
27 de agosto de 2026 1 min lectura
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser