Novo éxito do curso Nómadas Dixitais no rural de Xinzo
- Fonte
- A Limia News
- Concello
- Xinzo de Limia
- Publicada
- 18 abr. 2024
Este mércores rematou unha nova edición do curso Nómadas Dixitais: un acompañamento ás persoas maiores coas novas tecnoloxías. Logo de que nas pasadas semanas se realizase tamén en Ganade e en Solveira, esta terceira quenda desenvolveuse no centro social de San Pedro de Laroá coa participación activa de máis de 15 persoas.
Nómadas Dixitais é un proxecto que consta de tres sesións consecutivas e busca achegarlle o funcionamento dos teléfonos móbiles ás persoas maiores, especialmente con aquelas tarefas que lles poidan resultar realmente útiles para o seu día a día, como pode ser o emprego do Whatsapp ou o acceso ás contas bancarias.
En vistas da gran acollida destas sesións así como da súa utilidade a nivel práctico para as usuarias, Ángeles Martínez, concelleira de Servizos Sociais, sinalou que “seguiremos estendendo este tipo de cursos a aqueles lugares nos que haxa demanda, pois somos conscientes de que as persoas maiores teñen dereito á autonomía dixital, pero sobre todo a que se lles ensine a empregar as novas ferramentas imprescindibles na sociedade actual”.
Saber máis · Descubre A Limia
Xinzo de Limia
9.699 habitantes · 20 parroquias
Coñecer o concello →


