Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Diario do Limia

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo mellora as comunicacións de Morgade, Seoane e Oleiros

1 min de lectura

Fonte
Diario do Limia
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
25 xan. 2024
Ver a noticia orixinal

O Concello de Xinzo de Limia está a acometer novas actuacións nas pistas do rural ó abeiro do Plan MARCO, investindo máis de 85.000 euros en 3.800 metros de estrada. O acondicionamento de pistas está tendo lugar en Morgade e na estrada que une Moreiras con Seoane de Oleiros. O edil de obras Moncho Gómez afirmou que que “levamos anos mellorando as conexións viarias nas diferentes parroquias do Concello, e non pararemos ata chegar a todas”. 

Dende o Concello de Xinzo de Limia faise unha aposta decidida pola mellora de estradas e pistas, cun plan cuxo obxectivo é acometer o maior número de actuacións útiles, non só en Xinzo senón tamén nos 33 núcleos rurais.

As obras en Morgade, Moreiras e Seoane de Oleiros consistiron nun bacheo inicial con posterior aplicación dun triplo rego, así como na limpieza de cunetas en ambas marxes dos tramos reparados.

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser