Sábado, 28 de novembro Xinzo 12° Garda: ANTONIO GOMEZ PENIN
Antela FC

O xuvenil: solidario e goleador

2 min de lectura

Fonte
Antela FC
Concello
Xinzo de Limia
Publicada
28 nov.
Ver a noticia orixinal

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, celebrado o pasado 25-N, os equipos xuvenís do Antela e do Barbadás, xunto a familiares e amigas dos xogadores locais, exhibiron antes do choque desta mañá en Xinzo unha faixa coa lenda: “Xuntas somos máis fortes”. A iniciativa fai parte dunha colaboración do club limiano coa Concellería de Igualdade do Concello de Xinzo de Limia a través do pacto de Estado, e está previsto que a faixa poida lucir en todos os partidos de equipos do Antela esta fin de semana, como xa acontecera no comezo da tempada.

O partido, un dos clásicos no segundo chanzo do fútbol de formación provincial, serviu para poñer de manifesto o bo momento dos locais, que foron moi superiores aos visitantes: máis por contundencia que por dominio do xogo, un ida e volta constante no que o Antela puxo máis velocidade e precisión. No minuto dez, un penalti por maus na área local transformado por Fabio González parecía complicar a mañá aos limianos.

Reaccionou de inmediato o Antela cun libre directo executado por Miguel Santana con potencia e colocación. A continuación, os locais empezaron a someter ao rival desde a presión dos puntas e percutindo constantemente. Sobre todo, pola dereita, desde onde Lucas Blanco, antes do descanso, e Adrián Meno, xusto á volta, pecharon o partido con dous disparos violentos e ben dirixidos.

Os goleadores: Santana, Blanco e Meno foron dos que máis brillaron nun conxunto local que se desenvolveu cun ritmo alto, ben ordenado e sempre concentrado. Mais foi Arón Novoa, desde a media punta, de longa zancada e boa zurda, o que destacou en accións individuais, atrevido e tamén xeneroso cando correspondía, como nun par de pases a Varo, o último goleador do día.

A xeración que vén promete tanto como prometían as camadas de Izan, Álex Teixeira, Raúl, Calleja, Iago e Jorge. Cómpre coidala.

Ficha técnica: aquí.

Gústame
0

Seguir este sitio
Segues este sitio

Xestionar

Quero seguir os contidos de Antela F. C. 1919

Queres apoiar a este contido? Xenial!
Para dar gústame precisas unha conta en Fala. Se xa a tes, inicia sesión e proba de novo. Se non, crea un sitio de balde.

Iniciar sesión
Crear o meu sitio

Comparte

Copiado

Saber máis · Descubre A Limia Xinzo de Limia 9.699 habitantes · 20 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser