
O PP comprométese a modernizar o regadío da Limia e reducir a burocracia no campo
- Fonte
- Dende A Limia
- Publicada
- 24 nov.
As candidatas do PP ao Congreso, Rosa Quintana e Ana Belén Vázquez, reuníronse hoxe en Porqueira cos regantes da Limia para presentar as súas propostas para o sector agrario.
O PP promete manter os investimentos para rematar a modernización do regadío na comarca e facilitar a vida aos produtores con estas medidas:
- Portelo único: Unha oficina centralizada para facer todos os trámites e evitar o papeleo entre varios ministerios.
- Fiscalidade adaptada: Impostos específicos para quen traballe no rural.
- Control de importacións: Exixir que os produtos de fóra cumpran as mesmas normas de calidade que os de aquí.
- Conectividade: Mellorar as comunicacións para que os produtos locais cheguen a máis mercados.
Durante o acto, os representantes dos regantes lembraron que o custo total da obra chega aos 17 millóns de euros, dos que 7 millóns corresponden ao IVE. Segundo sinalaron, o proxecto sae adiante grazas ás achegas da Xunta (7 millóns, máis outros 8 comprometidos por Rueda) e da Deputación de Ourense (4 millóns), xa que sen este apoio público sería inasumible para as explotacións.


