Luns, 23 de novembro Xinzo 6° Garda: PRIETO VIVANCO-CONDE C.B
Dende A Limia

​A Deputación de Ourense entrega 7.000 quilos de patacas ao Banco de Alimentos procedentes dos ensaios agrarios do Inorde

2 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
23 nov.
Ver a noticia orixinal

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde e deputado de Representación Institucional, Rosendo Fernández, fixo entrega hoxe ao Banco de Alimentos de preto de 7.000 quilos de patacas procedentes da finca de ensaios que xestiona o Inorde na comarca de Antela. Esta iniciativa enmárcase na dobre vertente social e de innovación agraria do goberno provincial, permitindo reverter nos sectores máis vulnerables o froito das investigacións desenvolvidas no campo ourensán. Tal e como anunciou o presidente provincial, a doazón de hoxe será complementada nos vindeiros meses con novas achegas deste produto esencial na cesta da compra e na alimentación dos fogares ourensáns. O obxectivo da institución provincial é achegar, en total, preto das 15 toneladas de patacas tanto ao Banco de Alimentos como a outras entidades e institucións sociais que traballan na provincia.Innovación agraria e economía circular contra o despoboamentoAs patacas doadas son o resultado directo dos diversos ensaios agrícolas realizados polo Inorde durante a pasada campaña na finca de Antela. Estes traballos teñen como finalidade optimizar os sistemas de produción agraria mediante o estudo de factores clave como a fertilización, o control de pragas e enfermidades, o emprego de produtos biofuncionais e a introdución de novos cultivos, entre outras liñas de investigación.Con estas actuacións, a Deputación de Ourense aposta por un modelo de desenvolvemento integrado no medio rural no que o respecto polo entorno natural, o fomento da biodiversidade e a economía circular se consolidan como a estratexia fundamental para fixar poboación e facer fronte ao reto demográfico.Inclusión social e formación no sector primarioCabe destacar que na produción das patacas participou o alumnado das accións formativas sobre actividades básicas de agricultura, froito do convenio de colaboración que o Inorde e Cáritas Ourense manteñen vixente desde hai máis de trece anos.Este programa está dirixido especificamente a colectivos en risco de exclusión social co obxectivo de dotalos de ferramentas técnicas e sociais que faciliten a súa plena incorporación á sociedade e ao mercado de traballo. Unha iniciativa que tamén contribúe a paliar unha das principais eivas do traballo agrícola na provincia, como é a falta de man de obra, ao tempo que se tece unha rede económico-social de apoio ás persoas máis desfavorecidas.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser