Xoves, 19 de novembro Xinzo 7° Garda: MARIA SOLEDAD RODRIGUEZ GARRIDO
Dende A Limia

Sandiás organiza actividades contra a violencia de xénero para todas as idades

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Concello
Sandiás
Publicada
18 nov.
Ver a noticia orixinal

O Concello de Sandiás conmemora o 25 de novembro cun programa de actividades pola igualdade que se celebrará na Casa da Cultura e no Punto de Atención á Infancia (PAI) entre o 16 e o 25 de novembro.

A programación é a seguinte:

  • 16 de novembro (Casa da Cultura, 11.00 – 12.30 h): Obradoiro de prevención da violencia impartido polo CIM Móbil.
  • 23 de novembro (PAI, 10.30 h): Contacontos O príncipe das mil cores, a cargo da Furgoteca.
  • 24 de novembro (Casa da Cultura):
    • 12.30 h: Lectura da Declaración Institucional.
    • 12.35 – 13.15 h: Obra de teatro Inventoras con mentes curiosas (aberta ao público).
    • Todo o día: Entrega de chapas e photocall no mural das escaleiras do polideportivo.
  • 25 de novembro (PAI, 10.30 h): Actividade participativa de pintura Todas as cores son para todos.

Todas estas iniciativas buscan concienciar sobre a importancia de construír unha sociedade sen violencia e educar en valores de igualdade desde a infancia ata a idade adulta.

Saber máis · Descubre A Limia Sandiás 1.086 habitantes · 3 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser