Xoves, 12 de novembro Xinzo 14° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

O concurso "Devorajalys" volverá a Xantar con máis de 1.000 euros en premios

1 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
12 nov.
Ver a noticia orixinal

O Salón Internacional do Turismo Gastronómico (Xantar) acollerá en Ourense a cuarta edición do concurso de comer patacas fritas “Devorajalys” o vindeiro 21 de novembro.

A competición terá lugar ás 19:30 horas no hall de Expourense. Os participantes deberán comer a maior cantidade de patacas posible nun tempo máximo de 60 segundos. Debido á alta demanda de edicións anteriores, é obrigatorio inscribirse canto antes na web www.patatasfritasjalys.es, xa que as prazas son limitadas.

Os tres primeiros clasificados repartiranse máis de 1.000 euros en premios:

  • 1º premio: Escapada de fin de semana para dúas persoas á Ribeira Sacra (dúas noites nos Apartamentos Río Sil, visita á alfarería de Gundivós e cata nunha adega da D.O.) máis 100 euros en combustible.
  • 2º premio: Pack de produtos da Carnicería Davila e 50 euros en combustible.
  • 3º premio: Pack de produtos de Aceites Abril e 25 euros en combustible.

Ademais do concurso, a empresa ourensá contará cun posto na feira onde ofrecerá degustacións gratuítas das súas variedades, incluíndo as de allo, churrasco, picantes e as clásicas sen sal.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser