Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Dende A Limia

O GDR organiza as actividades incluídas no programa europeo Equal Rural

3 min de lectura

Fonte
Dende A Limia
Publicada
20 set. 2023
Ver a noticia orixinal

Este domingo, 24 de setembro, arranca o programa “Vive a reserva”, incluído dentro do proxecto europeo Equal Rural, no que se inclúen oito actividades diferentes que se desenvolverán durante os meses de setembro e outubro en distintos puntos da Reserva da Biosfera Área de Allariz.
Este programa, artellado polo equipo técnico do GDR Limia-Arnoia e da Reserva da Biosfera Área de Allariz, terá como protagonistas a unha vintena de mulleres da zona relacionadas co medio rural e a súa dinamización. A través das súas experiencias intentaremos darlle solución aos principais problemas cos que nos atopamos hoxe en día, como son a crise demográfica, a falta de relevo xeracional, a inseguridade alimentaria, a crise enerxética ou a adaptación e mitigación ao cambio climático.
A primeira destas actividades será este domingo, 24 de setembro, en San Mamede de Urrós, en Allariz a partir das 10:30 horas. “Domingos labregos. Fortalecendo comunidades a través do cultivo da terra” é o título desta primeira experiencia que nos chegará da man de Uxía García de Buciños e Novoa. A través dela coñeceremos o concepto de Domingo Labrego e Agricultura Sostida pola Comunidade (ASC), ademáis de afondar sobre a horta ecolóxica e botar unha man en diferentes labores labregas, polo que é necesario levar luvas, prato e vaso. A sesión remata cn xantar para todas/os as/os asistentes que terá lugar en A Torre, nº 12  de Allariz.
A continuación detallamos todas as citas incluídas dentro do programa de “Actividades Vive a Reserva”:

24 de setembro (San Mamede de Urrós, Allariz): Domingos labregos: fortalecendo comunidades a través do cultivo da terra
30 de setembro (O Mosqueiro, Vilar de Santos): Medrando co pan. Obradoiro para crianzas
30 de setembro (Salón Social de Rairiz de Veiga): Faladoiro “As abellas. Coidados de outono. Pasado, presente e futuro da apilcultura”
7 de outubro (Mercado da Reserva, Allariz): Encontro de troco de sementes
20 de outubro (Fogar dos Maiores, Allariz): Faladoiro “O papel das mulleres nos montes comunais (CMVMC), pasado, presente e futuro”
22 de outubro (Museo da Limia, Vilar de Santos): Pasado, presente e futuro do liño. Actividade incluída na X Feira de Artesanía e Produto Local de Vilar de Santos
28 de outubro (Zona verde do Polígono Empresarial de Allariz): Rabaños de lume: o papel da gandaría extensiva na loita contra os incendios
28 de outubro (Edificio do Concello de A Bola): Deseño de bosques comestibles: introdución teórica e plantación de froiteiras

Inscricións
Estas son unhas actividades abertas a todo o público interesado. Son gratuítas e para asistir é necesario anotarse previamente no 664 52 44 86.

PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser