O Concello de Porqueira e a Cruz Vermella poñen en marcha un taller gratuíto de estimulación cognitiva para que as persoas maiores exerciten a mente. As actividades comezan o vindeiro 15 de outubro.
O obxectivo destes encontros é axudar aos asistentes a manter en forma a memoria e a atención nun ambiente de convivencia. As sesións serán sempre os xoves, de 17:00 a 18:00 horas.
Para anotarse ou solicitar máis información, os interesados poden chamar a:
- Cruz Vermella na Limia: 988 43 25 41
- Concello de Porqueira: 988 46 61 02
Esta iniciativa está financiada a través dos fondos do IRPF da Xunta de Galicia.