25 alumnos recibiron o sábado pasado o seu diploma en Vilariño de Conso tras rematar a primeira edición da Escola de Pastores de Galicia.
Este curso, con sede en Xinzo de Limia, buscase profesionalizar o sector e asegurar a continuidade da gandería. A iniciativa tivo moita procura, xa que 44 persoas solicitaron as 25 vacantes dispoñibles.
A formación desenvoluse de marzo a xullo e incluiu:
- 250 horas de teoría: para obter a titulación oficial necesaria para exercer a actividade.
- 320 horas de práctica: con traballo directo nas granxas e o deseño dun proxecto de empresa.
O programa foi posible grazas á colaboración da Xunta de Galicia, a Fundación La Caixa, o Inorde e a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia.