O Concello de Xinzo de Limia organiza un curso formativo sobre integración e convivencia que se desenvolverá do 17 de setembro ao 10 de outubro.
A formación, impartida polo grupo de investigación Esculca da USC, está aberta a calquera persoa interesada e conta cunha duración total de 90 horas. O programa mestura clases presenciais e virtuais e divídese en 4 módulos sobre a escola, a comunidade, o deporte e a igualdade como ferramentas de inclusión.
Para obter o certificado oficial de aproveitamento será obrigatorio asistir, como mínimo, ao 80% das sesións.
Como inscribirse:
- Onde: Oficina de Educación, Inmigración e Desenvolvemento (OEID) do Concello.
- Teléfono: 988 680 290.
- Webs: xinzodelimia.gal e esculca.usc.gal.