Domingo, 8 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
Diario do Limia

Controlado o incendio forestal de Baltar tras arrasar 120 hectáreas

1 min de lectura

Fonte
Diario do Limia
Concello
Baltar
Publicada
9 ago.
Ver a noticia orixinal

O incendio forestal que comezou o pasado sábado en Garabelos do Bouzo, en Baltar, quedou controlado este domingo ás 21:42 horas. As chamas calcinaron unha superficie provisional de 120 hectáreas.

Para extinguir este lume, que se iniciou o sábado ás 12:21 horas, foi necesaria a intervención dun amplo operativo:

  • Medios terrestres: 3 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 15 motobombas e 3 pás.
  • Medios aéreos: 6 helicópteros e 9 avións.

Ante calquera sospeita de lume, a Xunta recorda que podes avisar chamando ao 085 ou a través da aplicación ALume. Se queres denunciar un posible caso de incendio provocado, podes facelo de xeito anónimo no 900 815 085.

Saber máis · Descubre A Limia Baltar 849 habitantes · 7 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser