← Volver Dende A Limia

Ángeles Vázquez pon en valor o traballo dos axentes ambientais como garantes de que os Parques Naturais de Galicia sexan espazos vivos, protexidos e respectados.

Ángeles Vázquez pon en valor o traballo dos axentes ambientais como garantes de que os Parques Naturais de Galicia sexan espazos vivos, protexidos e respectados.

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, puxo en valor o traballo dos axentes ambientais como garantes de que os parques naturais galegos sexan espazos vivos, protexidos e respectados.Así o defendeu esta mañá, en Muíños, na xornada de convivencia que, como cada ano por estas datas, organiza o seu departamento entre os traballadores dos seis parques naturais galegos —Fragas do Eume; Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán; Monte Aloia; O Invernadeiro; Serra da Enciña da Lastra, e Baixa Limia-Serra do Xurés— e do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.Tras lembrar que este domingo, 24 de maio, se celebra o Día Europeo dos Parques, a responsable autonómica explicou que o lema escollido para conmemorar esta data en 2026 é Unidos pola natureza. Neste sentido, coincidiu en que “os ecosistemas sans non funcionan de forma illada” senón que, polo contrario, necesitan corredores de fauna, hábitats conectados entre si e paisaxes integradas que permitan ás especies que os integran desprazarse, adaptarse e prosperar e por ese motivo, requiren dunha xestión coordinada que garanta a preservación de espazos cun valor compartido. Neste contexto, quixo agradecer o labor que realizan os técnicos, axentes medioambientais e o resto de persoal do seu departamento que traballa a diario nos sete parques que hai na Comunidade. Así, ante unha representación de medio cento de traballadores, Ángeles Vázquez salientou que eles son “a primeira liña de defensa do patrimonio natural galego” e que grazas a eles, “os nosos parques naturais seguen sendo espazos vivos, protexidos e respectados”.De feito, enmarcou tamén no traballo que realizan o feito de que cada ano miles de persoas poidan achegarse e coñecer de primeira man os valores naturais pero tamén histórico-culturais que concentran estas “sete xoias naturais” de Galicia, uns espazos que só en 2025, segundo as estimacións da Consellería, foron visitados por máis de 550.000 persoas.Acompañada polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, a conselleira amosouse de acordo co lema escollido este ano para conmemorar a nivel europeo o Día dos Parques e avogou por “traballar da man” para coidar do patrimonio natural tal e como está a facer a Xunta no caso do Xurés. Tras incidir na oportunidade de celebrar precisamente neste parque natural a sexta xornada de convivencia entre o persoal da Consellería asignado a algún dos sete parques, Ángeles Vázquez explicou que este territorio forma parte tamén da Reserva de Biosfera transfronteiriza Gêres-Xurés, que considerou un moi bo exemplo de cooperación institucional.Grazas á estratexia liderada e impulsada pola Xunta e á colaboración con Portugal, explicou que a reserva disporá de 12 millóns de euros nos próximos anos para a execución de tres proxectos de calado deseñados para avanzar na restauración ecolóxica e na xestión sostible deste espazo transfronteirizo. Isto suporá o maior financiamento europeo da súa historia e, ademais, o 72% destes fondos beneficiará de forma directa aos seis municipios galegos que integran a reserva de biosfera: Lobios, Entrimo, Lobeira, Calvos de Randín, Bande e Muíños.Nese senso, a conselleira incidiu en que a Xunta aposta por fomentar os mecanismos de cooperación e de coordinación institucional entre as distintas administracións e mesmo con outros territorios co obxectivo de garantir a conservación dos espazos naturais baixo algunha figura de protección, unha estratexia de xestión que está a desenvolver e con bos resultados no caso do Xurés.Actividades sobre o terreoAdemais dunha parte máis técnica, na que compartiron experiencias, coñecementos e boas prácticas para optimizar os modelos de xestión na rede de parques naturais de Galicia, os traballadores asistentes á xornada que se celebra hoxe no Xurés tamén tiveron ocasión de realizar varias actividades de campo.En concreto, a conselleira acompañou ao persoal nunha visita ás parcelas do río Salgueiro nas que se levou a cabo unha acción de recuperación ambiental sobre dous hábitats de interese comunitario (carballeiras galaico-portuguesas e bosques aluviais de amieiros e teixos). Tamén plantou unha árbore e participou na solta de tres paxaros, dous miñatos e un abelleiro.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O Conservatorio organiza un concerto didáctico sobre bandas sonoras
Dende A Limia O Conservatorio organiza un concerto didáctico sobre bandas sonoras
O Conservatorio celebrará un Concerto Didáctico centrado no mundo cinematográfico e nas súas bandas sonoras. Esta actividade forma parte do seu programa para fomentar o interese musical entre os rapaces da comarca e motivalos a matricularse no centro para o vindeiro curso. O evento está deseñado para desenvolverse en dúas etapas: Sesión escolar: Unha parte exclusiva para os alumnos dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares de Xinzo de Limia. Sesión aberta: Unha actuación pola tarde accesibl…
12 de mayo de 2026 1 min lectura
A Deputación de Ourense liderará o proxecto de desenvolvemento sostible RAIA Gerês-Xurés
Dende A Limia A Deputación de Ourense liderará o proxecto de desenvolvemento sostible RAIA Gerês-Xurés
A Deputación de Ourense encabezará o proxecto RAIA Gerês-Xurés, unha iniciativa de desenvolvemento sostible na Reserva de biosfera transfronteiriza Gerês-Xurés. Este plan conta cun financiamento europeo de 3,6 millóns de euros, dos cal 2,5 millóns serán destinados especificamente á comarca da Baixa Limia, no marco do programa de cooperación Interreg VI-A España-Portugal (Poctep). Obxectivos e impacto A finalidade do proxecto é impulsar o desenvolvemento sostible da reserva a través do fortalec…
28 de abril de 2026 2 min lectura
Os ladróns visitan novamente as igrexas dos pobos de Xinzo
Dende A Limia Os ladróns visitan novamente as igrexas dos pobos de Xinzo
Roubos en varias igrexas do rural de Xinzo Na noite do martes ao mércores, producedouse unha serie de roubos en diversas igrexas do rural de Xinzo. Os templos afectados sitúanse nos pobos de Seoane, Parada de Ribeira, S. Pedro de Laroá e Ganade. Segundo a información proporcionada polo Arziprestádego da Limia, os autores dos delitos forzaron as portas de algúns dos templos e revolvieron as sacristías. Aínda que as cantidades de diñeiro subtraídas foron reducidas, no caso de Seoane tamén foron …
30 de abril de 2026 1 min lectura