← Volver Dende A Limia

​CaixaBank e o GDR Limia Arnoia lanzan unha nova convocatoria de ‘Tierra de Oportunidades’ para fomentar emprendemento e emprego nas zonas rurais do territorio

​CaixaBank e o GDR Limia Arnoia lanzan unha nova  convocatoria de ‘Tierra de Oportunidades’ para fomentar  emprendemento e emprego nas zonas rurais do territorio

Fotografía de arquivo. A Limia News.

O GDR Limia Arnoia e CaixaBank veñen de lanzar unha nova edición do programa ‘Tierra de Oportunidades’, iniciativa destinada a fomentar a creación de emprego, impulsar o emprendemento rural e fixar poboación en áreas despoboadas.‘Tierra de Oportunidades’ ten o obxectivo de localizar e recoñecer proxectos rurais innovadores, sostibles e con capacidade de atraer e reter talento, así como de crear novas oportunidades laborais en áreas que enfrontan desafíos demográficos significativos.Esta sexta edición desenvólvea CaixaBank en colaboración con máis de 50 Grupos de Acción Local de todo o territorio español e entidades promotoras do emprendemento de 49 provincias, entre eles, o GDR Limia Arnoia; premiándose 216 emprendedores e proxectos, catro deles pertencentes ao noso ámbito.A convocatoria está dirixida, de xeito xeral, a emprendedores que a súa actividade se desenvolva nun municipio cunha poboación inferior a 5.000 habitantes, aínda que se aceptarán municipios ata 10.000 habitantes, que facturen menos de 300.000 euros ao ano, coma no caso de Allariz, Celanova e Xinzo de Limia.A recepción de solicitudes farase a través de www.tierradeoportunidades.caixabank.com, entre o 14 de maio e o 4 de xuño e o fallo está previsto que se coñeza ao longo do mes de xuño. Dirección de Comunicación Externa [email protected]  https://www.caixabank.com/es/actualidad.htmlOs proxectos gañadores recibirán axudas de 1.000 euros, incorporaranse a un programa de mentorización e acompañamento personalizado, en colaboración con mentores especialistas de Voluntariado CaixaBank e accederán ao ‘Reto de Tierra de Oportunidades’, unha iniciativa de ámbito nacional e en colaboración coa Red Española de Desarrollo Rural (REDR) y Rural Talent, que ofrece visibilidade, acompañamento e novas oportunidades de crecemento a emprendedores rurais.Os gañadores poderán optar, ademais, a ser un dos 15 proxectos presentados na plataforma U4Impact para que un estudiante universitario realice o seu Traballo de Fin de Grado (TFG) sobre algún reto da súa empresa ou emprendemento. Así mesmo, CaixaBank puxo en marcha unha plataforma común, www.caixabank.es/tierradeoportunidades, que xerará comunidade entre todos os emprendedores.Cinco anos de programaDesde que Acción Social CaixaBank o puxera en marcha en 2021, o programa ‘Tierra de Oportunidades’ respaldou a máis de 7.000 emprendedores e firmou 193 convenios de colaboración con Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) e entidades sociais que traballan pola integración rural para impulsar o emprendemento rural e a inserción laboral nestas zonas.En colaboración cos GDR comarcais, a Red Española de Desarrollo Rural (REDR) e o promotor do emprendemento Rural Talent, o programa premiou, ademais, 670 proxectos nos seus cinco anos.Sobre Tierra de Oportunidades CaixaBankTierra de Oportunidades é un programa de Acción Social CaixaBank que ten o obxectivo de apoiar o emprendemento, crear emprego e ofrecer oportunidades de futuro ao entorno rural. A entidade quere axudar directamente a emprendedores rurais con proxectos en funcionamento, detectando o seu potencial e necesidades e ofrecéndolles axuda económica, formación e acompañamento.Todo isto, coa colaboración dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR ou GAL), coñecedores en profundidade do tecido económico nos respectivos territorios, e contando coas sinerxías creadas con outras áreas da entidade: desde o acompañamento e a mentorización (Voluntariado CaixaBank), a financiación (MicroBank e AgroBank) e creando unha comunidade de emprendedores de todo o país (nos programas formativos lanzados da man de Rural Talent, co impulso do banco).

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
O Concello de Xinzo achega os recursos de estranxeiría á veciñanza cunha xornada de traballo na Casa da Cultura
Dende A Limia O Concello de Xinzo achega os recursos de estranxeiría á veciñanza cunha xornada de traballo na Casa da Cultura
O Concello de Xinzo de Limia organiza unha xornada informativa sobre estranxeiría A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu este xoves unha sesión de traballo organizada pola área de Servizos Sociais do Concello. O encontro tivo como obxectivo principal orientar á veciñanza e facilitar o acceso á información administrativa relativa aos procedementos de estranxeiría. A charla, impartida por técnicos e profesionais do departamento municipal, centrouse nos seguintes puntos: Servizos de asesorí…
16 de abril de 2026 1 min lectura
Israel León Rodríguez é o novo presidente do PP de Muíños
Dende A Limia Israel León Rodríguez é o novo presidente do PP de Muíños
Israel León Rodríguez foi elixido presidente da agrupación local do Partido Popular de Muíños nun congreso no que participou o presidente provincial da formación, Luis Menor. Este relevo, descrito como "natural e ordenado", substitúe na carga do cargo a Plácido Álvarez, a quen Menor recoñeceu a súa dedicación e traxectoria na política local e provincial. Durante o acto, Luis Menor destacou a experiencia e vocación de servizo público de León Rodríguez, instándoo a traballar nas prioridades e nec…
19 de abril de 2026 2 min lectura
O equipo de cachibol de Xinzo de Limia participa este domingo no II Torneo Interprovincial Venturada 2026 en Madrid.
Dende A Limia O equipo de cachibol de Xinzo de Limia participa este domingo no II Torneo Interprovincial Venturada 2026 en Madrid.
O equipo de cachibol de Xinzo de Limia participa no II Torneo Interprovincial Venturada O equipo de cachibol de Xinzo de Limia competirá este domingo 10 de maio no II Torneo Interprovincial Venturada 2026. O evento terá lugar a partir das 09:00 horas no Pabellón Municipal de Venturada, na Comunidade de Madrid. A competición, organizada por Venturada Deportes co apoio da Comunidade de Madrid, busca promover a práctica do newcom (cachibol), unha modalidade deportiva que combina elementos do vole…
5 de mayo de 2026 1 min lectura