← Volver Dende A Limia

​BNG pide investigar a actuación das compañías após o apagamento dixital en Xinzo e Verín e exixe indemnizacións

​BNG pide investigar a actuación das compañías após o apagamento dixital en Xinzo e Verín e exixe indemnizacións

Fotografía de arquivo. A Limia News.

A senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, vén de rexistrar iniciativas para pedir ao Goberno do Estado que investigue o comportamento das liñas de telefonía após o apagamento dixital que deixou sen conexión durante case 24 horas a milleiros de persoas de Xinzo de Limia e Verín entre os días 7 e 8 de maio, e para reclamar que as compañías de telecomunicacións indemnicen automaticamente ás persoas afectadas, tal e como estabelece a lexislación vixente.A senadora do BNG, Carme da Silva Méndez, denuncia que “o sucedido puxo de manifesto a enorme vulnerabilidade das comunicacións en comarcas enteiras e a absoluta falta de resposta e transparencia das operadoras afectadas”. A nacionalista advirte ademais que “non estamos diante dunha simple incidencia técnica, senón dun colapso das telecomunicacións que afectou a servizos básicos, á actividade económica e á vida diaria da veciñanza”.O corte masivo deixou sen internet e sen acceso a servizos esenciais a persoas usuarias de compañías como Vodafone, Lowi, Orange ou R, entre outras operadoras que comparten infraestrutura na zona. As primeiras informacións apuntan a que a avaría podería terse producido por un corte accidental da rede durante unhas obras viarias en Xinzo de Limia, aínda que outras versións sinalan tamén os efectos da tormenta rexistrada ese día sobre os cables subterráneos da rede de transporte.O BNG subliña que as consecuencias foron “gravísimas” e afectaron directamente ao funcionamento de servizos sanitarios e administrativos. Ambulancias sen capacidade para recibir alertas, farmacias con dificultades para acceder ás bases de datos de para dar medicamentos, persoas que estaban a teletraballar mais que estaban sen conexión, negocios paralizados e mesmo a suspensión da atención administrativa no propio Concello foron algunhas das incidencias rexistradas.Neste sentido, Carme da Silva critica que “despois dun apagamento dixital destas dimensións, hai compañías que se negan a aplicar automaticamente as indemnizacións ás que teñen dereito os seus clientes e clientas”. A senadora lembra que o Real Decreto 899/2009, que regula a carta de dereitos das persoas usuarias dos servizos de comunicacións electrónicas, establece claramente que as operadoras deben compensar automaticamente ás persoas abonadas cando a interrupción do servizo supera as seis horas entre as 8:00 e as 22:00 horas.“O incumprimento desta obriga sería absolutamente intolerable e suporía unha vulneración flagrante dos dereitos das persoas consumidoras” alerta a senadora do BNG, quen reclama ao Ministerio de Transformación Dixital “que actúe de oficio, abra unha investigación inmediata e inspeccione o comportamento das operadoras”.O Bloque demanda tamén que a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia investigue os feitos e determine posíbeis sancións no caso de confirmarse incumprimentos da normativa vixente por parte das compañías de telecomunicacións.“O rural non pode seguir sufrindo servizos de segunda nin quedar abandonado cada vez que se produce unha incidencia destas características” conclúe Carme da Silva Méndez, reclamando garantías para que situacións semellantes non volvan repetirse e para que a veciñanza afectada reciba as compensacións económicas que lle corresponden por lei.

Fonte: dendealimia.com

Ver noticia completa
Dende a Limia prensa local
Tamén che pode interesar
Nomeado o xurado do Certame Literario Antón Tovar 2026
Dende A Limia Nomeado o xurado do Certame Literario Antón Tovar 2026
A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia seleccionou o xurado encargado de fallar a edición 2026 do Certame Literario Antón Tovar. O panel está integrado por figuras vinculadas á cultura da comarca limiá: Presidente: Luis Álvarez Pousa. Secretario: Xoán Jardón Nogueiras. Vogais: Carmen Penim, Cándido Paniagua e Mirian Opazo. Datas clave do certame: 20 de maio: Data límite para a presentación de obras. 13 de xuño: Comunicación do fallo. 20 de xuño: Acto público de entrega do premio …
5 de mayo de 2026 1 min lectura
O Concello de Vilar de Barrio reformará os seus Servizos Sociais para mellorar a atención á cidadanía
Dende A Limia O Concello de Vilar de Barrio reformará os seus Servizos Sociais para mellorar a atención á cidadanía
O Concello de Vilar de Barrio acometerá unha reforma nas instalacións dos Servizos Sociais municipais co obxectivo de ofrecer unha atención máis humana, accesible e que respecte a privacidade das persoas usuarias. Financiación e contexto A obra será posible grazas a unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), destinada á mellora de servizos básicos en zonas rurais. A necesidade da intervención Actualm…
7 de mayo de 2026 2 min lectura
Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural
Dende A Limia Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural
Ponse en marcha o programa "Apoio e Formación Integral a Familias Coidadoras no Rural", unha iniciativa financiada pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia a través da asignación fiscal do 0,7% do IRPF. O proxecto ten como obxectivo principal capacitar ás persoas que asumen o coidado de dependentes —responsabilidade que recae maioritariamente en mulleres—, proporcionándolles ferramentas prácticas e recursos de autocoidado para evitar o desgaste físico e emocional. A …
17 de abril de 2026 1 min lectura