
Dende A Limia
O Concello de Vilar de Barrio programa as Letras Galegas 2026
- Fonte
- Dende A Limia
- Concello
- Vilar de Barrio
- Publicada
- 6 maio
O Concello de Vilar de Barrio celebrará as Letras Galegas 2026 cunha programación cultural deseñada para reivindicar a lingua, a tradición oral e o patrimonio inmaterial, promovendo unha visión innovadora da cultura no medio rural como ferramenta de cohesión social e dinamización do territorio.
Calendario de actividades
- Domingo 10 de maio: Inauguración do Recanto das Letras de Vilar de Barrio e celebración dunha foliada popular na Praza do Toural, coa participación das Xunquereteiras, Os Chouteiros de Maceda, pandereteiras e cantareiras de Barrio-Arnuide e a Escola de Música Tradicional de Sarreaus.
- Luns 11 de maio: “As letras da memoria”, unha andaina infantil organizada polo CEIP Vilar de Barrio para recoller lendas e vivencias locais vinculadas ao Camiño de Santiago.
- Martes 12 de maio: Obradouro participativo “A voz do rural en Europa”, impulsado polo programa Rural Voice*, centrado nos retos do medio rural desde unha perspectiva europea.
- Mércores 13 de maio: Nova edición das “Barferencias”, desta vez dedicada ao xacemento arqueolóxico de O Castelo de San Xoán de Bara.
- Xoves 14 de maio: Reparto do agasallo conmemorativo “Aquí nasceu a Limia”, co obxectivo de reforzar a identidade territorial.
Segundo o alcalde, Manuel Conde, estas accións buscan a transmisión da memoria e o reforzo do sentimento de pertenza da cidadanía.
Saber máis · Descubre A Limia
Vilar de Barrio
1.178 habitantes · 9 parroquias
Coñecer o concello →
