O Concello de Xinzo de Limia executa o asfaltado da N-525 durante maio
O Concello de Xinzo de Limia avanza no proxecto de humanización da travesía da N-525 coa planificación do asfaltado que se levará a cabo ao longo do mes de maio. Esta intervención busca crear unha contorna urbana máis moderna e accesible para a veciñanza.
O calendario de traballos, suxeito ás condicións meteorolóxicas, organízase da seguinte maneira:
- Do 4 ao 8 de maio: Intervencións no carril bici, na entrada pola Avenida de Madrid (desde a gasolineira ata a Avenida de Portugal) e inicio dos traballos no Centro (desde a Avenida de Portugal ata o Grupo Santa Mariña).
- Do 11 ao 15 de maio: Remate do asfaltado no Centro, actuacións na zona do Pombal e inicio da conexión entre a Rotonda do Pombal e a A-52.
- Do 18 ao 22 de maio: Finalización do tramo comprendido entre a Rotonda do Pombal e a A-52.
- Do 25 ao 29 de maio: Remate da conexión coa A-52 e asfaltado do tramo final, desde a Rotonda da A-52 ata os Institutos.
O Concello recomenda aos condutores e peóns prestar atención ás indicacións de tráfico durante a execución destas obras.
Fonte: www.dendealimia.com
