O Concello de Xinzo de Limia presentou as cinco propostas arquitectónicas para a construción dun auditorio, unha demanda histórica para a vida cultural da localidade. Os deseños, elaborados por alumnos de quinto curso de Arquitectura da universidade privada Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga) mediante un convenio sen custo para o municipio, transformarán o antigo campo da feira.
O alcalde, Amador Díaz, destacou a colaboración de Cesuga e o «talento e innovación» dos estudantes para recuperar un espazo «en desuso». Agora, a administración municipal avaliará os proxectos e buscará a financiacion necesaria para materializar o deseño seleccionado. A cidadanía tamén poderá elixir o seu proxecto favorito.
Venancio Salcines, presidente de Cesuga, sinalou que esta iniciativa permite aos alumnos «abandonar as aulas para introducirse no mundo real». Silvia Blanco, directora do Grado de Arquitectura, detallou que as propostas son froito de meses de traballo dun equipo de 30 persoas.
Os cinco proxectos, titulados “Feira e auga”, “A miñoca da Limia”, “Caixa luminosa”, “Cinco calles + dos pieles” e “Os palcos suspendidos”, afrontaron o reto técnico de deseñar nunha parcela situada xunto ao río Limia e o pabellón municipal, nunha zona inundable. A pesar dos enfoques distintos, todos os deseños destacan pola súa polivalencia, sustentabilidade e a integracion con espazos polivalentes, restauración e eventos, tendo o auditorio como eixo central.
As propostas estarán expostas na Casa da Cultura durante todo o mes de abril, onde os veciños poderán contemplar maquetas e infografías. Esta colaboración entre o Concello e Cesuga continuará o próximo mes coa presentación da nova identidade visual do municipio e en xuño coas propostas para a posta en valor do patrimonio do Mosteiro de Trandeiras.
Fonte: www.laregion.es
