​O Concello de Xinzo e CESUGA presentan este xoves as seis propostas de deseño para o novo Auditorio Municipal

Dende A Limia

O Concello de Xinzo de Limia presentará este xoves, 9 de abril, ás 12:30 horas no Salón de Plenos, as seis propostas de deseño para o novo Auditorio Municipal e a reurbanización integral do Campo da Feira.

Estes proxectos son resultado dun acordo de colaboración entre o alcalde, Amador Díaz, e o presidente do Centro de Estudos Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), Venancio Salcines. Estudantes do último ano de Arquitectura deseñaron as propostas.

Os estudantes presentarán os detalles de cada traballo, centrándose na accesibilidade, mobilidade e integración do novo edificio coa rehabilitación do espazo existente.

Tras a presentación, os deseños estarán expostos na Casa da Cultura en formato de infografía e con maquetas para que a veciñanza poida consultalos e valoralos.

Fonte: www.dendealimia.com

VER NOTICIA COMPLETA