Sábado, 7 de novembro Xinzo 11° Garda: FARMACIA OLIVERA CORTIÑAS, C. B.
A Limia News

⛽ Que non cunda o pánico: ¡Aforra no depósito coa App de A Limia News!

2 min de lectura

Fonte
A Limia News
Concello
Trasmiras
Publicada
20 mar.

Xa sabemos como vai o conto: cada vez que pasas pola gasolineira e miras o panel de prezos, entra un escalofrío que nin baixando de Baltar en xaneiro ca xeada. Que se sobe o petróleo, que se baixan as reservas… ao final, os que baixamos somos nós, pero da carteira.

Pero como na Limia somos de buscar a vida e non quedar parados, en A Limia News decidimos que xa abonda de ir “as cegas” a ver onde está o gasóleo máis barato.

A Limia News App

🚗 ¿Gasolina a prezo de ouro? Aquí non!

Se es dos que percorre medio concello buscando onde aforrar dous céntimos por litro (porque o que non se garda no peto, vaise polo escape), temos a solución na palma da túa man. A nosa App estrea nova sección de Prezo de Gasolina.

¿Que vas atopar nesta sección?

  • A realidade por diante: Prezos actualizados das gasolineiras de Xinzo, Trasmiras, Abavides e arredores.
  • Listaxe con xeito: Ordenamos as gasolineiras polo prezo medio, poñendo as máis baratas arriba de todo. Porque o tempo é ouro, pero o gasóleo máis.
  • O “Selo da Estrela” ⭐: Marcamos cunha estrela os prezos máis baixos de cada combustible. Se ves a estrela, alí é onde tes que parar!

📱 Instala a App e deixa de sufrir

Xa non tes escusa para dicir que “botar gasolina está imposible”. Agora podes consultar desde o sofá se che compensa máis ir a unha ou a outra, e gardar eses euros que aforras para o que de verdade importa: uns bos cafés ou as vindeiras festas.

Así que xa sabes, veciño/a: baixa a App de A Limia News, vai directo á sección de gasolineiras e que a subida dos prezos te pille co depósito cheo e a carteira contenta.

¡Que non che conten contos, que o aforro está nun clic!

DESCARGA XA A LIMIA NEWS APP -> https://play.google.com/store/apps/details?id=com.xinzodelimia.app&hl=es_419

Saber máis · Descubre A Limia Trasmiras 1.216 habitantes · 9 parroquias Coñecer o concello →
PNFPB Install PWA using share icon

For IOS and IPAD browsers, Install PWA using add to home screen in ios safari browser or add to dock option in macos safari browser