Instalación de Novas Marquesiñas en As Pegas (Sandiás)
O Concello de Sandiás instalou dúas novas marquesiñas na aldea de As Pegas. Esta actuación forma parte do Plan de mellora de refuxios de paradas de transporte público impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Dirección Xeral de Mobilidade.
As novas marquesiñas presentan un deseño integrado na paisaxe rural, adaptado ao contorno e cunha maior funcionalidade. Cumprindo coa normativa vixente en materia de prevención de incendios e seguridade viaria, o seu obxectivo é proporcionar aos usuarios protección fronte ás inclemencias meteorolóxicas e mellorar a comodidade á espera do transporte.
Como novidade, estas instalacións inclúen códigos QR que permiten aos usuarios consultar horarios e frecuencias en tempo real a través do seu teléfono móbil, integrándose así na marquesiña virtual do transporte público galego.
Esta intervención en As Pegas súmase a outras melloras realizadas polo Concello de Sandiás en diversas aldeas ao longo dos últimos anos, como na Fontela, Sandiás, Piñeira de Arcos, Alto do Novaíño, Coalloso e Couso de Limia. O concello mantén o seu compromiso co plan de renovación e mellora dos refuxios de paradas.
Fonte: www.dendealimia.com
